19.5.15

OBRADOIRO DE PLANTAS MEDICIÑAIS, AROMÁTICAS E COMESTIBLES

O  EXITOSO  OBRADOIRO DE PLANTAS MEDICIÑAIS, AROMÁTICAS E COMESTIBLES DO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS” ACOLLEU A UNHA VINTENA DE PARTICIPANTES


A Asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas” ven de organizar esta fin de semana pasada, con grande exito de participación, un Obradoiro de plantas mediciñais, aromáticas e comestibles.
 
Os Obxectivos que persegue o colectivo de mulleres de San Andrés de Boimente coa organización desta xornada formativa, entre outras, son a revalorización do medio rural e o seu patrimonio natural a través da aprendizaxe e o intercambio de coñecementos persoais, poñendo en valor, ao mesmo tempo, o saber popular das participantes máis veteranas.


As máis de vinte persoas que asistiron ao obradoiro impartido por María, de Xardinería Monte Perdido, e a colaboración de  A Estruga, participaron o sábado 16 nunha charla-debate no Centro Sociocultural de San Andrés de Boimente. Durante a primeira parte desta charla-coloquio, celebrada entre as 10.00 e as 11.30 h. a monitora centrouse nos principios activos das plantas o seu tratamento ( recolección, desecación e conservación), as formas de aplicación e as variedades máis comúns da zona. Logo de dar por rematado o debate e as consultas d@s asistentes sobre os usos terapêuticos, culinarios e estéticos das plantas a comitiva saiu polos campos da contorna. Durante esta saída @s participantes aproveitaron para identificar e recoller algunhas das plantas máis comúns da zona (fiunchos, tarrelos, melisa, menta, ortiga...)


Pasadas as 13.30h @s amantes das plantas voltaron ao Centro Sociocultural para xantar e repoñer forzas. Xa á tarde tiveron ocasión de aprender a elaborar cremas e ungüentos, tales como a crema de hipérico, así como infusións e bebidas relaxantes.

No acto de clausura desta Xornada formativa a Directiva ofreceulles @s asistentes petiscos, refrescos e cafés.  Durante este acto de peche @s participantes aproveitaron para intercambiar impresións, experiencias e contactos.

A Directiva agradeceu a participación a tod@s @s asistentes e, en especial, o interese amosado polos  moz@s presentes nesta xornada polo noso rural e as súas posibilidades de emprendemento e futuro.



No hay comentarios: