Actualidade local

Sto. André de Boimente, 20 de febreiro de 2015 

A  DEPUTACIÓN DE LUGO ABRE O PRAZO PARA CONTRATAR A PAVIMENTACIÓN NO TRAMO ENTRE A PEIXERÍA E PRAZA JUAN DONAPETRY DA LU-P-6605

A Deputación de Lugo abre o prazo para a recepción de documentación no procedemento aberto das obras de pavimentación no tramo entre a peixería e Praza Juan Donapetry da LU-P-660 a executar nun prazo de 3 meses e que conta cun orzamento de licitación de 388.429,75 €.

Sto. André de Boimente, 18 de febreiro de 2015 



 A  DEPUTACIÓN DE LUGO OFERTA 3 BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVAS NO SEU SERVIZO DE NOVAS TECNOLOXÍAS (2005-2016)

A Deputación de Lugo convoca 3 BOLSAS (2 bolsas destinadas a Técnicos en Sistemas Microinformáticos e Redes e 1 bolsa destinada a Técnicos Superiores de Secretariado) para realizar 12 MESES de prácticas formativas na súa área de novas tecnoloxías.
 
O prazo de presentación  e tan só de 10 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia do día 18/02/2015. Ou sexa que tedes ata o día 28 de febreiro para rexistrar as vosas solicitudes

Para coñecer máis ao respecto desta convocatoria  podedes pinchar AQUÍ




Sto. André de Boimente, 2 de febreiro de 2015

A  DEPUTACIÓN DE LUGO CONVOCA  CONCURSO PARA A COBERTURA DE 13 POSTOS DE FUNCIONARI@S INTERIN@S DO PROGRAMA  DE FOMENTO DE EMPREGO E ECONOMÍA DOS SECTORES ESTRATÉXICOS DE LUGO

 A Deputación de Lugo convoca publicamente a quen desexe participar nas probas selectivas para cubrir, como funcionari@s interin@s, as seguintes prazas:
 2 Coordinadores, Grupo A1
        3 Xestores de programas, Grupo A2
        4 Xestores Administrativos, Grupo C1
        4 Persoal de apoio, grupo C2

As persoas interesadas en participar no/s proceso/s selectivo/s podedes presentar  as vosas solicitudes no modelo oficial que figura como Anexo destas Bases, estando tamén dispoñible na Unidade de Selección, Promoción e Carreira e na páxina Web da Entidad www.deputaciónlugo.org

O prazo para presentar as solicitudes e de só 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP de Lugo do día 31 de xaneiro de 2015. Ou o que é o mesmo tedes ata o día 10 de febreiro para apuntarvos neste proceso de selección. 

Para coñecer máis ao respecto desta convocatoria  podedes pinchar AQUÍ


Sto. André de Boimente, 28 de xaneiro de 2015
 
https://encrypted-tbn2.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcTsiRL5LfbJtgqhKPDupTNibaYb7VgCmmq4gcf36MIyHqfxGbg1A  DEPUTACIÓN DE LUGO CONVOCA  CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE PARA A COBERTURA DE 5 PRAZAS COMO FUNCIONARI@S INTERIN@S


A Deputación de Lugo convoca publicamente a quen desexe participar nas probas selectivas para cubrir, como funcionari@s interin@s, as seguintes prazas:


1 Enxeñeiro Industrial Superior (Grupo A, subgrupo  A1).

1 Enxeñeiro Técnico Industrial (Grupo A, subgrupo A2).

1 Técnico Mantemento Industrial (Grupo C, subgrupo C1).

1 Técnico de Xestión Medioambiental (Grupo A, subgrupo A2)

1 Enxeñeiro Técnico de Telecomunicacións (Grupo A, subgrupo A 2).
1 Auxiliar colaborador de Tecnoloxías da Información (Grupo C, subgrupo C



As persoas interesadas en participar no/s proceso/s selectivo/s podedes presentar  as vosas solicitudes no modelo oficial que figura como Anexo destas Bases, estando tamén dispoñible na páxina web www.deputaciónlugo.org e na Unidade de Atención ao Cidadán. 



Ollo! O prazo de presentación  e tan só de 10 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia do día 27/01/2015. Ou sexa que tedes ata o día 6 de febreiro para rexistrar as vosas solicitudes

Para coñecer máis ao respecto desta convocatoria  podedes pinchar AQUÍ


 

Sto. André de Boimente, 13 de outubro de 2014



 A  DEPUTACIÓN DE LUGO PUBLICA AS BASES QUE REXERÁN A CONCESIÓN DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO PARA 2014.


A Área de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidade da Deputación de Lugo  ven de aprobar  as bases e criterios que regularán a convocatoria do programa: Bolsas para deportistas individuais da provincia de lugo, para a anualidade 2014.

As persoas interesadas nestas bolsas tedes de prazo  para presentar as vosas solicitudes no R. Xeral da Deputación de Lugo ata o sábado, 29 outubro de 2014 (15 días hábiles)

Para coñecer máis ao respecto desta convocatoria  podedes consultar o BOP do día 11/10/2014



Sto. André de Boimente, 10 de outubro de 2014

 A XUNTA DE GALICIA  LIMITA A VENTA DIRECTA DE PRODUTOS PRIMARIOS (OVOS, FROITA...) TANTO NA CASA COMO NOS MERCADOS E OBRIGA A SÚA ETIQUETAXE

A Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia ven de publicar, o pasado 30 de setembro, o Decreto 125/2014  que regulará en Galicia a venda directa dos proudtos primarios desde as explotacións á persoas consumidoras finais ou a establecementos de comercio polo miíudo para o abastecemento ao/á consumidor/a final. 


Para poder vender directamente (con contraprestación ou a título gratuíto) os produtos primarios (ovos, patacas, legumes...), tanto nas explotacións como nos mercados das vilas, os produtores/as terán que inscribirse no Rexistro de explotacións agrarias de Galicia e acollerse ao réxime de venta directa (SEVEDI). Asimesmo deberán levar un rexistro básico sobre o produto vendido, cantidade, establecemento ao que o vende, data e lugar de venta,  e debendo ter este rexistro a disposición da autoridade competente e conservalo durante dous anos como mínimo. Esta venda directa esixe que para a súa produción (mazás, mel...) as persoas produtoras aplicquen guías de boas prácticas de hixiene. Como tamén deberán proporcionarán por medio dunha ETIQUETAXE a información alimentaria obrigatoria


Este decreto tamén estable un límite en canto ao tipo de produtos primarios  e cantidades que se poden vender de xeito directo, tales como indica o artigo 7 do capítulo III do mesmo.


Produto
Unidade
Cantidade
Mel
kg
3.000
Pole
kg
450
Própole
kg
30
Xelea real
kg
10
Ovos
Ducias
1.000
Amorodo
kg exterior
kg invernadoiro
5.000
10.000
Kiwi
kg exterior
13.000
Outras froitas
kg exterior
20.000
Hortalizas
kg exterior
kg invernadoiro
20.000
40.000
Legumes
kg exterior
kg invernadoiro
10.000
24.000
Pataca
kg exterior
20.000
Cogomelos
kg exterior
kg invernadoiro
500
2.500
Cereais
kg
5.000
As persoas interesadas en coñecer este decreto da Xunta de Galicia, que coarta a venta directa (e a transferencia gratuítas) de pequenos horticultores galegos, podedes pinchar AQUÍ







Sto. André de Boimente, 9 de outubro de 2014


O TEATRO PASTOR DÍAZ ACOLLE AS PEZAS TEATRAIS DE PINCHACARNEIRO, TEATRO DO ATLÁNTICO E CARAMUXO TEATRO 

Dentro da programación cultural organizada pola concellería de cultura do noso concello, para o mes de outubro, os amantes do teatro poderán gozar no  Teatro Pastor Díaz  das seguintes obras de teatro:
Sábado, 11 de outubro. Ás 20.30horas: Grupo Pinchacarneiro. Buxiganga
Sábado, 18 de outubro. Ás 20.30horas: Teatro do Atlántico. A Charca inútil
Sábado, 25 de outubro. Ás 18.00 horas: Caramuxo Teatro. As fabas máxicas 



  Sto. André de Boimente, 6 de outubro de 2014

 O CONCELLO DE VIVEIRO MODIFICA  O IMPORTE DAS TAXAS POLOS SERVIZOS DO MATADEIRO MUNICIPAL


O Concello de Viveiro publica no BOP do 4 de outubro o  texto íntegro da modificación da ordenanza fiscal nº 18 reguladora da taxa polo servizo do matadoiro municipal, modificando o artigo 6. da mesma  que recolle as novas tarifas  a aplicar polos diferentes servizos:


Art. 6.- cuota tributaria
 

O importe da taxa reguladora nesta Ordenanza será a resultante de aplicar as tarifas contidas no apartado seguinte (I.V.E excluído):

 


SERVIZOS E CLASES DE GANDO
EUROS/KG.
sacrificio de Vacún..............................
Produtos M.E.R....................................
0,30 €/Kg.
12 € unidade

Equino
Produtos M.E.R
0,30€/Kg
6 € unidade

Porcino
0,22 €/Kg.

Ovino
Produtos M.E.R
0,95 €/kg.
3 € unidade
Caprino
Produtos M.E.R
0,95 €/kg
3 € unidade
Transporte
0,08 €/Kg.

SERVIZOS E CLASES DE GANDO


Lavado e desinfección de vehículos
9,00 €.
Lavado e/ou pelado de estómagos porcino
1,00 €
Elaboración despoxos ovino e caprino
3,00 €/unidade
Lavado e/ou pelado de estómagos e patas bovino
5,00 €/unidade

   
Sto. André de Boimente, 3 de outubro de 2014

 O CONCELLO DE VIVEIRO EXPÓN O SEU PROXECTO PARA  A SUBSTITUCIÓN DA CUBERTA E ACONDICIONAMENTO EXTERIOR DO MATADEIRO MUNICIPAL 

 O Concello de Viveiro pon a exposición pública o proxecto redactado polo seu arquitecto municipal  de obras o proxecto para a substitución da cuberta e acondicionamento exterior do matadeiro municipal. 

Todas as súas veciñas e veciños poderán consultalo  na Secretaría xeral do concello e en horario de 9.00 a 14.00 h. O prazo para poder coñecer este proxecto será de 20 días naturais a partir da súa publicación no BOP do 3 de outubro. 



Sto. André de Boimente, 2 de outubro de 2014 

A CONSELLERÍA DO RURAL E O MAR CONVOCA AXUDAS COFINANCIADAS CON FONDOS EUROPEOS (FEADER),  PARA  DESENVOLVEMENTO DE TRABALLOS DE SILVICULTURA NOS MONTES GALEGOS

No DOG do día de hoxe ven de publicarse as bases reguladoras das axudas para o "fomento da silvicultura en bosques no medio rural" en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para o ano 2014.

Posibles beneficiarios destas axudas: As sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as sociedades ou agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC). 

Actuacións obxecto de axuda: traballos de rareos, podas, rozas, trituración de restos de podas..etc...en superficies forestais mínimo de 1Ha, no caso de propietarios particulares, e entre 3-5Ha o resto.

As persoas intereradas tedes de prazo para presentar solicitude de axuda DUN MES, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Dog.



Sto. André de Boimente, 24 de setembro de 2014 


A  DEPUTACIÓN DE LUGO CONVOCA DÚAS BOLSAS FORMATIVAS PARA COLABORAR NO PROGRAMA FORMATIVO DE CULTURA, TURISMO, ENSINO, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICAS E PATRIMONIO HISTÓRICO (014-015)


O Servizo de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico da Deputación de Lugo,  aproba  ás bases e criterios para a convocatoria de 2  BOLSAS FORMATIVAS para colaborar no Programa Formativo de Cultura co obxecto de coñecer as características do medio urbano e do medio rural, coñecer as técnicas de obtención e análise de datos e para aplicar estratexias de dinamización no territorio que posibiliten unha mellora na calidade de vida dos individuos e dos grupos sociais que o habitan.

A duración das bolsas  é de 12 meses.

As persoas interesadas nesta oferta de emprego tedes de prazo  para presentar as vosas solicitudes no R.Xeral da Deputación de Lugo ata o sábado, 4 setembro de 2014 (10 días naturais)

Para coñecer máis ao respecto desta convocatoria  podedes consultar o BOP do día 24/09/2014



Sto. André de Boimente, 22 de setembro de 2014 
 
O CONCELLO DE VIVEIRO PON AO COBRO OS RECIBOS DO IMPOSTO DE BEN INMOBLES DE NATUREZA URBANA E RÚSTICA 2014

 A Oficina de Recaudación do Concello de Viveiro comunica ás/aos contribuíntes suxeitas/os  ao IBI -2014 que o prazo de pagamento  deste imposto en período "voluntario "¿? abarca desde o 1 de setembro ata o 3 de novembro de 2014.

Os recibos non domiciliados serán enviados ao domicilio fiscal do contribuínte. Se tendes dúbidas ou precisades consultar algunha cuestión relativa a este tema podedes dirixirvos á oficina de recaudación.

A pagar toca!

 
Sto. André de Boimente, 18 de setembro de 2014

(Fonte. BOE 18-09-2014)
O SERGAS ADXUDICA O CONTRATO DE LIMPEZA DO HOSPITAL DA COSTA Á EMPRESA DE CASTELA E LEÓN SAMYL, S.L.




A Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte ven de anunciar no BOE (18/09/2014) mediante resolución do 13/08/2014 a formalización do contrato de limpeza do HOSPITAL DA COSTA coa empresa de Castela e León SAMYL, S.L. por importe de 2.040.558,55 euros

 

Sto. André de Boimente, 17 de setembro de 2014


(Fonte .BOP 17-09-2014)
A DEPUTACIÓN DE LUGO CONVOCA 1 PRAZA DE LICENCIADO DE C.C. DO TRABALLO E 1 DE TÉCNICO/A SUPERIOR

A Deputación de Lugo convoca o proceso selectivo , mediante oposición libre, para cubrir dúas prazas vacantes de persoal funcionario. E para o cal ven de publicar no  BOP do 17/09/2014 as bases para a provisión definitiva de: 1 praza deLicenciada/o en ciencias do traballo e 1 praza de Técnico superior do cadro de persoal funcionario, correspondente á oferta de emprego 2014.

As persoas interesadas nestas ofertas tedes de prazo para presentar as solicitudes 20 días naturais contados a partir do seguinte día da publicación do seu extracto no BOE




Sto. André de Boimente, 15 de setembro de 2014

 
(Fonte .BOP 15-09-2014)
O CONCELLO DE VIVEIRO EXPÓN O SEU PROXECTO DE "MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NO RURAL DE VIVEIRO.


 O Concello de Viveiro pon a exposición pública o proxecto redactado polo seu arquitecto municipal  de obras o proxecto sobre a Mellora da eficiencia enerxética no rural de Viveiro. Todas as súas veciñas e veciños poderán consultalo  na Secretaría xeral do concello e en horario de 9.00 a 14.00 h. O prazo para poder coñecer este proxecto será de 20 días naturais a partir da súa publicación no BOP do 15 de setembro. 

Esperamos que este proxecto inclúa (ademais de plantexarse o cambio de luminarias halógenas polas leds)  a instalación de reloxios astronómicos que regulen o apagado e o acendido das farolas, posto que moitas delas apagan e acenden cando lles cadra e iso supón un custo engadido.

 

Sto. André de Boimente, 13 de xullo de 2014
  

O CONCELLO DE OUROL CONVOCA A CONTRATACIÓN LABORAL DE PERSOAL PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS

O Concello de Ourol aprobou as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición de 1 XEFE DE BRIGADA, 1 PEÓN CONDUTOR E 4 PEÓNS DE BRIGADA para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa para a campaña do 2014 no Concello de Ourol.

A duración do contratao é de 3 meses a xornada completa.

As persoas interesadas nesta oferta de emprego tedes de prazo  para presentar as vosas solicitudes no R.Xeral do concello de Ourol ata o mércores, 16 xullo de 2014 (4 días naturais)

Para máis información podedes consultar o BOP do día 12/07/2014

 
Sto. André de Boimente, 7 de xullo de 2014


A ROYAL ORQUESTA DE GALICIA ACTUARÁ  NAS FESTAS DE SAN PANTALEÓN DE GALDO

Os días 27 e 28 de xullo a parroquia de Galdo celebrará as súa festa parroquial, onde as persoas que gostan de escoitar boas orquestras galegas terán a oportunidade de gozar da música da Royal Orquesta de Galicia (excantantes e músicos de Sintonía de Vigo).




Sto. André de Boimente, 7 de xullo de 2014
 


A ASOCIACIÓN FERVENZA DE SARGADELOS E O CONCELLO DE CERVO ORGANIZAN A ROMERÍA 2014 SARGADELOS

 As veciñas e veciños amantes das boas romarías e das festas xa poden ir repoñendo os folgos gastados durante a celebración da Rapa das Bestas do Candaoso e prepararse con todas as súas forzas para disfrutar da Romaría do Sargadelos o sábado 24 e 25 de xuño, onde  terán a oportunidade de gozar do concerto de A Roda, entre outras moitas sorpresas.

Sto. André de Boimente, 5 de xullo de 2014


O CONCELLO DE O VALADOURO CONVOCA  TRES PRAZAS DE CONDUTORES DO VEHÍCULO MOTOBOMBA



 Por resolución da Alcaldía apróbase a convocatoria e as bases que rexerán o proceso para a selección de tres Condutores do Vehículo Motobomba para a prevención e defensa contraincendios orestais que se publicarán integramente no Taboleiro de Anuncios do Concello do Valadouro e na páxina web (www.valadouro.org)



PRAZO DE PRESENTACIÓN: 5 días naturais contados desde o día seguinte a publicación deste anuncio no do BOP (4/07/2014)


 


Sto. André de Boimente, 4 de xullo de 2014


O CONCELLO DE OUROL CONVOCA  TRES PRAZAS DE CONDUTORES DE MOTOBOMBA-OFICIAL DE 1ª

O Concello de Ourol aprobou as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición de tres conductores de camión motobomba–oficial de 1ª para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación dun vehículo motobomba para a campaña do 2014 no Concello de Ourol.

A duración do contratao é de 3 meses a xornada completa.
As persoas interesadas nesta oferta de emprego tedes de prazo  para presentar as vosas solicitudes no R.Xeral do concello de Ourol ata o venres, 11 xullo de 2014

Para máis información podedes consultar o BOP Lugo do día 4/07/2014




Sto. André de Boimente, 4 de xullo de 2014


O CONCELLO DE OUROL CONVOCA  DÚAS PRAZAS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR
O Concello de Ourol aprobou as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición de dúas auxiliares de axuda o fogar a xornada parcial (75%).

As persoas interesadas nesta oferta de emprego tedes de prazo  para presentar as vosas solicitudes no R.Xeral do concello de Ourol ata o venres, 11 xullo de 2014

Para máis información podedes consultar o BOP Lugo do día 4/07/2014



Sto. André de Boimente, 27 de xuño de 2014

(Fonte .BOP 26-06-2014)
 O CONCELLO DE VIVEIRO  APROBA AS MODIFICACIÓNS DAS ORDENANZAS FISCAIS E O REGULAMENTO E PREZO PÚBLICO QUE REGULA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR 
  

O Concello de Viveiro ven de aprobar as modificacións das seguintes ordenanzas fiscais:
Ordenanza fiscal nº 2. Imposto sobre construcións, instalacións e obras

Ordenanza fiscal nº 5. Reguladora da taxa por licencias urbanísticas
  Ordenanza fiscal nº 6. Reguladora da taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas, declaracións responsables e no outorgamento de licenzas de actividade, apertura ou funcionamento.


Ordenanza fiscal nº 8.Reguladora da taxa de saneamento e depuración de augas residuais

As cotas tributarias a pagar polos veciños e veciñas de Viveiro, así como polas persoas xurídicas, están determinadas en función das características e peculiaridades de cada expediente remitido ao concello para o seu cálculo.

Asimesmo aprobou de xeito provisional o Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar no termo municipal de Viveiro (SAF)

As persoas interesadas en coñecer ao por miúdo estas ordenanzas, así como o regulamento do SAF poden consultar o BOP de Lugo do día 26 de xuño de 2014.


  

Sto. André de Boimente, 26 de xuño de 2014

(Fonte .BOP 23-06-2014)
O CONCELLO DE VIVEIRO ADXUDICA A OBRA DE REPOSICIÓN DE FIRME EN CAMIÑOS RURAIS MUNICIPAIS POR 73.157,88 EUROS

 O concello de Viveiro ven de adxudicar o contrato de obras para a Reposición de firme en camiños rurais de titularidade municipal do Concello de Viveiro á empresa Carferlo, S.L. por un importe total: 73.157,88 euros. A empresa ten 1 mes para executar as obras.

Confiamos en que os camiños intransitables desta parroquia estarán entre os afortunados.
 
 


Sto. André de Boimente, 26 de xuño de 2014

(Fonte .BOP 23-06-2014)
O CONCELLO DE VIVEIRO ADXUDICA A INSTALACIÓN DE PANEIS SOLARES TÉRMICOS NO PAVILLÓN MUNICIPAL POR 24.926,00 EUROS

O concello de Viveiro ven de adxudicar o proxecto de Instalación de paneis solares térmicos no polideportivo municipal de Viveiro á empresa contratista Xestión Integral Enerxética e Medioambiental, S.L. por importe total de 24.926,00 euros. A empresa ten 20 días para executar a obra.

  


Sto. André de Boimente, 25 de xuño de 2014


 O CONCELLO DE VIVEIRO CELEBRARÁ O SEU VII MERCADO RENACENTISTA

A fin de semana do 11 ao 13  de xullo as veciñas e veciños de Viveiro e todos os seus visitantes poderán participar da VII edición do Mercado Renacentista e gozar dunha volta as rúas viveirenses da época do renacemento.

Os actos darán comezo o venres 11 coa apertura do mercado e o desembarco na praia de Covas do rei Carlos V, acompañado pola súa nai, a raíña Juana La Loca e toda a comitiva real, que irán ata a vila acompañados de música e fogos e entrarán na vila pola porta que se erixiu en homenaxe a Carlos V polo diñeiro que eximiu de pagar aos vivarienses tras un dos incendios que queimou a cidade.

 

Sto. André de Boimente, 24 de xuño de 2014

 A PARROQUIA DE SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE CELEBRA A XLV EDICIÓN DA RAPA DAS BESTAS 

A comunidade de veciñas e veciños da parroquia viveirense organiza a súa XLV edición da Rapa das Bestas do Curro do Candaoso os vindeiros sábado 5 e domingo 6 de xullo. 

Os amantes da natureza poderán disfrutar dunha fin de semana diferente nunha contorna natural envexable. 

As persoas que acudan a esta nova cita anual tamén poderán achegarse á explanada do curro do Cándaoso o sábado 5 de xullo onde poderán degustar dun sabroso xantar a partir das 14.00 horas así como gozar da xa tradicional  festa campestre.

O domingo, 6 de xullo celebraremos, unha nova edición da famosa Festa da Rapa das Bestas, que comezará, para os máis madrugadores, as 8.00 horas coa encerro das bestas para a súa rapa e marcaxe. E como xa ven sendo habitual haberá a feira anual de gando cabalar, carreiras de cabalos e baile, entre outras actividades.
Estamos seguras que todo aquel que se achegue a esta festa gozará dun día inolvidable, que ademais poderá aproveitar para pasear e facer algunha ruta a pé polas diferentes veredas que conforman os montes do Buio e poderá descubrir algún dos segredos que garda a Fraga das Saímas. 


Sto. André de Boimente, 20 de xuño de 2014
 

 O CONCELLO DE MURAS CELEBRA AS SÚAS FESTAS OS DÍAS 27, 28 e 29 DE XUÑO.

As veciñas e veciños que sexan  seguidores de orquestras galegas como Panorama ou París de Noia terán a oportunidade de gozar da súa música  e espectáculo os vindeiros 27 e 28 de xuño no concello de Muras.





Sto. André de Boimente, 9 de xuño de 2014

APROBACIÓN DEFINITIVA DA 2ª MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA DO CONCELLO DE VIVEIRO




O estado actual de gastos e ingresos do presuposto de Viveiro, logo da aprobación definitiva da última modificación orzamentaria, son os  que a continuación relacinamos por capítulos de gastos e ingresos previstos (publicado no BOP. sábado, 7 de xuño de 2014)

CAPÍTULOS GASTO EUROS:

G1- Gastos de personal__________4.904.403,54 €
 G2- Gastos en bienes y servicios_________4.855.064,81 €
 G3- Gastos financieros___________685.875,18 €
G4- Transferencias corrientes _______162.813,06 €
G5-Contingencias________________ 0,00 €
G6- Inversiones reales___________ 212.800,97 €
G7- Transferencias de capital___________ 0,00 €
G8- Activos financieros ______________0,00 €
G9- Pasivos financieros___________ 936.003,77  €


 CAPÍTULOS INGRESOS EUROS:
 Impostos Directos________________  4.379.653,69 €
 Impuestos indirectos ________________175.088,00 €
 Taxas e outros___________________3.387.433,80 €
Transferencias corrientes_____________3.843.627,31 €
 Ingresos patrimoniales________________64.811,00 €
 Enaj. de invers. Reales____________________0,00 €
Transferencias de capital_______________115.696,35 €
 Activos financieros____________________3.500,00 €
 Pasivos financieros_______________________0,00 €

Con estes datos económicos cadaquén pode facer a súa propia leitura ao respecto.


Sto. André de Boimente, 5 de xuño de 2014

A DEPUTACIÓN DE LUGO ABRE UNHA LIÑA DE AXUDAS PARA A MELLORA DA MOBILIDADE RURAL E POSTA EN VALOR DOS NÚCLEOS RURAIS 


O obxectivo desta nova liña de axudas que ven de publicarse no BOP do día de hoxe, é o seguinte:
- Mellora, adecuación do firme e sinalización de camiños públicos de acceso a explotacións, terras, camiños forestais e núcleos rurais.
Acondicionamento de rutas de sendeirismo e sendeiros.
Construción de depósitos de auga contra incendiosbebedoiros de uso común e infraestruturas de regadío.
Construción ou rehabilitación e posta en valor de elementos tradicionais de uso colectivo, fontes, prazas públicas, etc.

Estas axudas quen as pode pedir? 

Asociacións de veciños e Entidades veciñais sen ánimo de lucro, comunidades de montes, agrupacións de gandeiros e agricultores ou de produtores forestais e colectivos de usuarios.

Que prazo teñen os interesados para acollerse a estes Programas de axudas? Ata o día 2 de agosto de 2014

Para máis información podedes consultar o BOP LUGO do día 5/06/2014


Sto. André de Boimente, 5 de xuño de 2014

A DEPUTACIÓN DE LUGO ABRE UNHA LIÑA DE AXUDAS PARA A RECUPERACIÓN E INCORPORACIÓN DE TERRAS PARA A POSTA EN PRODUCIÓN DE RECURSOS AGROGANDEIROS

O obxecto da presente convocatoria ten como finalidade articular as subvencións e axudas para o gandeiro ou agricultor individual, agrupacións de gandeiros ou agricultores, SAT e persoas xurídicas que ostenten titularidade de explotacións para a incorporación de terras á superficie produtiva (en concepto de propiedade, aluguer, cesión ou doazón).

Canta superficie ten que xuntar o posible beneficiario para que teña deireito a estas axudas?  mínimo 1 Ha. para a súa posta en produción, podendo ser nunha única parcela, varias ou parte dunha de maior superficie, pero respectando sempre o mínimo esixido.

A superficie a incorporar pode ser en concepto de propiedade, aluguer, cesión ou doazón. No suposto de solicitude de incorporación de máis dunha parcela poderán empregarse indistintamente os conceptos antriores para cada una delas. 


Que prazo teñen os interesados para acollerse a estes Programas de axudas? Ata o día 2 de agosto de 2014

Para máis información podedes consultar o BOP LUGO do día 5/06/2014




Sto. André de Boimente, 5 de xuño de 2014

A DEPUTACIÓN DE LUGO ABRE UN PROGRAMA DE AXUDAS PARA A MELLORA DO ABASTECEMENTO E DA CALIDADE DE AUGA NO MEDIO RURAL 

Atentos os colectivos interesados  neste programa de axudas que ten por finalidade colaborar na dotación de novas infraestruturas para o suministro de auga no medio rural (obra nova) e para a mellora e acondicionamento de redes de abastecemento de auga (instalacións xa existentes). 

E de colectivos estamos a falar que poden ser beneficiarios destas axudas? As Comunidades de usuarios, as Asociacións de veciños e entidades veciñais sen ánimo de lucro e as Comunidades de montes

Que prazo teñen os interesados para acollerse a estes Programas de axudas? Ata o día 2 de agosto de 2014

Para máis información podedes consultar o BOP LUGO do día 5/06/2014



Sto. André de Boimente, 2 de xuño de 2014


O CENTRO ASOCIADO  DA UNED de LUGO INTENTA IMPULSAR A CREACIÓN DUNHA SEDE DE UNED-SENIOR EN VIVEIRO


Se tés máis de 55 anos e estás interesada/o en enriquecer os teus coñecementos (Literatura, informática, música, inglés, historia universal, Prevención da saúde e medicina natural, etc...) , con independencia da túa formación académica, agora tés a oportunidade de participar no PROXECTO UNED SENIOR Centro Asociación UNED Lugo. Curso 2014/2015!

Se queres saber máis sobre esta iniciativa podes poñerte en contacto coa Coordinadora do proxecto Uned Senior Lugo (Mª del Mar Traseira) no seguinte correo electrónico martraseira@lugo.uned.es ou consultar o seguinte enlace  Proxecto Uned Senior Lugo




Sto. André de Boimente, 20 de maio de 2014
  
IIª CONCENTRACIÓN DE COCHES CLÁSICOS FOZ E RUTA LOURENZÁ


Se che gustan os clásicos o sábado,  7 de xuño tés unha oportunidade de ouro para gozar vendo estes coches na IIª Concentración de coches clásicos nos concellos veciños de Foz e Lourenzá




Sto. André de Boimente, 15 de maio de 2014



O ESPAZO AGROECOLÓXIO A ESTRUGA ORGANIZA UNHA XORNADA PRÁCTICA SOBRE HORTA FAMILIAR 

O Espazo Agroecolóxico A Estruga organiza unha xornada práctica sobre Horta Familiar Ecolóxica a escoller entre os días 24 ou 31 de maio na Horta Urbana de Viveiro (r/Río dos Foles).

Con motivo da declaración do ANO INTERNACIONAL DA AGRICULTURA FAMILIAR (AIAF), que vense conmemorando este ano 2014, o Espazo Agroecolóxico A Estruga organiza esta xornada có principal obxectivo de poder presentar, dun xeito sinxelo e práctico, os primeiros pasos para crear un pequeno horto ecolóxico destinado ao autoconsumo das familias.

A xornada terá un prezo de inscripción de 15€/persoa (10€/soci@s e usuarios das Hortas Urbanas) e impartiráse de 10h a 19h.

As inscripcións poderán realizarse na tenda de A Estruga, no enderezo-e estrugalugo@gmail.com ou a través do teléfono 982 879 810 onde tamén facilitaráse máis información.

Pois sí! SAÚDE E AGROECOLOXÍA
!


 Sto. André de Boimente, 15 de maio de 2014

(Fonte .BOP 15-05-2014)

30 DÍAS PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS ÁS MODIFICACIÓNS DAS ORDENANZAS FISCAIS E REGULAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR APROBADO PROVISIONALMENTE POLO CONCELLO DE VIVEIRO




O concello de Viveiro ven de aprobar provisionalmente, no pleno ordinario do 8 de maio, as modificacións dos regulamentos e ordenanzas fiscais seguintes:

- Regulamento e prezo púlbico que regula o servizo de axuda no fogar
- Ordenanza Fiscal nº2 do Imposto sobre construcións, instalacións e obras
- Ordenanza Fiscal nº 5 reguladora da taxa de licenzas urbanísticas
- Ordenanza Fiscal nº 6 reguladora da taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas, declaracións responsables e no outorgamento de licenzas de actividade, apertura ou funcionamento.
- Ordenanza Fiscal nº 8 reguladora da taxa polo servio de sumidoiros e depuración de augas residuais.

As veciñas e veciños que esteades interesadas en consultar estes expedientes tedes de prazo 30 días, contados a partir do día seguinte desta publicación no BOP (nº 110 do día 15-05-2014). Durante este prazo podedes presentar as alegacións que estimedes pertinentes.

Resumindo, estas ordenanzas son as normas que regulan os novos prezos, taxas e impostos, e que, en función do servizo prestado a cada veciño/a e a súas circunstancias, nos van a cobrar.

 
 Sto. André de Boimente, 6 de maio de 2014

 ABERTO O PERÍODO VOLUNTARIO   PARA O PAGAMENTO DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO CONCELLO DE VIVEIRO.

Desde o 15 de abril ata o 14 de xuño de 2014 os sufridos contribuíntes do concello de Viveiro temos de prazo para pagar de xeito "voluntario" o imposto de circulación dos nosos vehículos. Se queredes saber de cantos euros tedes que dispoñer podedes consultar o cartel que vos deixamos aquí. Ánimo que a pagar toca!




Sto. André de Boimente, 5 de maio de 2014

"LOS SATÉLITES" ACTUARÁN NA
FESTA PATRONAL DO CORPUS 
CRISTI DE STO. ANDRÉ DE BOIMENTE

    O sábado 24 de maio as veciñas e veciños da parroquia de Sto. André de    
    Boimente van celebrar a súa Festa patronal do Corpus Cristi

   A comunidade veciñal de S. André de Boimente convida a todas e todos 
   os amantes da  música á sesión de baile que estará amenizada polo grupo Abanico e a gran orquestra LOS SATÉLITES. Así que xa sabes, se podes e queres achégate á nosa parroquia e disfruta da boa música e do bo ambiente. Esperámoste!



Sto. André de Boimente, 28 de abril de 2014

(Fonte. BOP 28-04-2014)
O CONCELLO DE MONDOÑEDO CONVOCA UNHA PRAZA DE ARQUEÓLOGA/O GUÍA PARA A COVA DO REI CINTOLO

Atentas  aquelas persoas coa titulación de arqueólogo/a! Mondoñedo convoca un proceso de selección para o nomeamento dun funcionario/a interina/o para un emprego de arqueóloga/o para que faga as labores de guía especializado para as Cova do rei Cintolo, mediante o sistema de CONCURSO. Duración: tres anos.
O prazo que hai para participar neste concurso é de 10 días naturais, a contar a partir do día seguinte á publicación no BOP da provincia, é dicir, ata o 4 de maio de 2014. Se queredes máis información podedes consultar as bases no BOP do día 28 de abril de 2014. Sorte!


Sto. André de Boimente, 23 de abril de 2014

(Fonte. BOP 23-04-2014)
O CONCELLO DE VIVEIRO SACA A CONCURSO A "EXPLOTACIÓN DO BAR-CAFETERÍA DO PAVILLÓN MUNICIPAL"




As persoas que queirades explotar o Bar-Cafetería do Pavillón Municipal e esteades interesadas en presentar as vosas ofertas a este concurso tedes de prazo 15 días naturais (ver requisitos e detalles da contratación no BOP 23 de abril de 2014) , ou sexa, ata o 8 de maio de 2014. 


Sto. André de Boimente, 23 de abril de 2014


(Fonte: BOP 23-04-2014)


O CONCELLO DE VIVEIRO SACA A CONCURSO A "EXPLOTACIÓN DO BAR-CAFETERÍA DO HÓRREO DE NASEIRO"



As persoas que queirades explotar o Bar-Cafetería do Hórreo de Naseiro e esteades interesadas en presentar as vosas ofertas a este concurso tedes de prazo 15 días naturais (ver requisitos e detalles da contratación no BOP 23 de abril de 2014) , ou sexa, ata o 8 de maio de 2014. 



Sto. André de Boimente, 23 de abril de 2014


(Fonte: BOP 23-04-2014)
O CONCELLO DE VIVEIRO SACA A CONCURSO A CONCESIÓN ADMINISTRATIVA DO POSTO  F1 DA PRAZA MUNICIPAL DE ABASTOS PARA A VENDA DE PRODUTOS DE FROITERÍA

As persoas que esteades interesadas en presentar as vosas ofertas  tedes de prazo 30 días (ver requisitos e detalles dos pregos no BOP 23 de abril de 2014) 




Sto. André de Boimente, 21 de abril de 2014


PRODUTORES E REMATANTES DE MADEIRA DE EUCALIPTO  REXEITAN A BAIXADA DE 3,5 €/TM. ANUNCIADA POR ENCE E PORTUCEL

 Os produtores agrupados en PROMOGAL  recomendan aos propietarios dos montes deixar de venderlle eucalipto a Ence, logo de comunicar esta a baixada de 3,5 €  no prezo que paga por tonelada desta madeira . Asimesmo os rematantes veñen de confirmar o parón do mercado do eucalipto, ao negarse a suministrar máis produto de maneira indefinida....Que ocurrirá a partir de aquí? Pois seguramente se logran unir a todos os afectados (produtores, remantantes, transportistas...) terán unha oportunidade para presionar aos principais compradores de eucalipto (Ence, Portucel, Celbi..) e obrigalos a renegociar unha leve melloría dos prezos. Como ven ocurrindo nos últimos anos. Un tira e afloxa. O problema real disto é que durante décadas se ven premiando e fomentando a produción extensiva do eucalipto provocando unha sobreexplotación dos nosos montes que se atopan producindo monocultivos desta planta invasora e sen ofrecernos alternativa algunha de intentar diversificar a  explotación e o uso dos montes galegos. Ou o que é o mesmo, estamos vendidos ao peor postor. Bo día!


Sto. André de Boimente, 15 de abril de 2014

 FESTAS DE SANTA CRUZ DE CHAVÍN 2014
  
Aquí vos deixamos o cartel da festa parroquial que van a celebrar as nosas veciñas e veciños de Chavín o SÁBADO, 3 de MAIO, onde as persoas que se acheguen a Chavín poderán bailar ao ritmo  das orquestras Alma Latina e Los Emperadores.

Felices Festas!







   

Sto. André de Boimente, 9 de abril de 2014
 
(Fonte. BOP 09-04-2014)
A DEPUTACIÓN DE LUGO CONVOCA 
2 BOLSAS PARA FACER PRÁCTICAS 
 FORMATIVAS NA SÚA ÁREA DE 
EMPREGO, ECONOMÍA SOSTIBLE E 
DEMOGRAFÍA

Si eres licenciada/o en XORNALISMO ou en 
PUBLICIDADE ou estás no último ano do grao 
dunha destas dúas licenciaturas podes solicitar
participar no proceso de selección dunha bolsa
 para facer prácticas formativas na área de 
emprego, economía sostible e demografía da
 Deputación de Lugo.Corre só tés 8 DÍAS NATURAIS



 Sto. André de Boimente, 7 de abril de 2014

PENASAGUDAS - MONTE 2014

A asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte  celebra o sábado, 26 de abril  Penasagudas-Monte 2014

Lástima que coincida coa nosa Festa do Medio Natural, na que damos a benvida á primavera con maxia, xantar,  baile e tamén algunha que outra sorpresa se cadra, e a cal esperamos acudan todas as nosas socias, veciños de S. Andrés e amigas e amigos de Viveiro.

De todos os xeitos e como non somos nada localistas aquí vos deixo o programa da festa para aqueles  que estean interesados en achegarse a Penasagudas.

Ás 10.00 horas comezará a  ruta de sendeirismo ata a Cruz do pao da vella. A sesión vermut terá lugar ás 14.00 horas e o xantar, que se servirá nunha carpa pechada comezará a partir das 15.00 horas. A sesión de Baile, onde se outorgarán trofeos ás 3 melloras parellas de pasodoble.



Sto. André de Boimente, 4 de abril de 2014



(Fonte: BOP 04-04-2014)
Contratación de profesor/a de piano para o concello veciño de Foz.

O Concello de Foz inicia un proceso de selección para contratar ata o mes de xuño un profesor de piano (20 horas á semana) 

O prazo para presentar as vosas solicitudes é desde hoxe mesmo (4/04/2014) ata luns (7/04/204). Prazo ben escaso por certo...ou máis ben diría que ridículo, pero é o que hai!

As bases do proceso de selección podelas atopar na páxina web http://www.concellodefoz.es/

Sto. André de Boimente, 3 de abril de 2014

(Fonte:http://www.agenciatributaria.es/)


Facenda somos todas e todos? 

Cando menos somos todas as curritas e curritos. Así que un ano máis a nós tócanos cumprir coa Axencia Tributaria e para  que non nos despistemos ninguén deixámosvos aquí  as datas clave da campaña da renda  deste ano.
  



 

Sto. André de Boimente, 3 de abril de 2014

Pavimentación e servizos no entorno da 
ponte de FEVE (Verxeles)
O proxecto desta obra, cuxo presuposto ascende a 35.357,12 euros, estará exposto ao público durante 20 días, a contar a partir de mañá, para que as persoas interesadas  podan consultalo no servizo de contratación do concello en horario de 9.00 a14.00 horas. 
(Fonte: BOP 03-04-2014)



Sto. André de Boimente, 2 de abril de 2014
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA, ANO 2014 (PAG. 71, R. 1144) - See more at: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdoc_BOP.jsp&contenido=23817&tipo=5&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&language=gl#sthash.x37zZs22.dpuf
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA, ANO 2014 (PAG. 71, R. 1144) - See more at: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdoc_BOP.jsp&contenido=23817&tipo=5&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&language=gl#sthash.x37zZs22.dpuf
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA, ANO 2014 (PAG. 71, R. 1144) - See more at: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdoc_BOP.jsp&contenido=23817&tipo=5&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&language=gl#sthash.x37zZs22.dpuf
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA, ANO 2014 (PAG. 71, R. 1144) - See more at: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdoc_BOP.jsp&contenido=23817&tipo=5&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&language=gl#sthash.x37zZs22.dpuf


Achégasenos a hora de pagar o Imposto de Circulación (IVTM)!




(Fonte: BOP 02-04-2014)
 O prazo que nos concede o concello de Viveiro para pagar voluntariosamente os recibos dos nosos coches, camións, motocicletas...vai  desde o día 15 de abril ata o 14 de xuño de 2014, ambos inclusive. 

Os contribuíntes poderamos aboar os nosos recibos en calquera oficina de NCG Banco SA o de Caixabank SA 
dentro do prazo sinalado e durante os días e horas hábiles de ingreso que tal entidade ten estabrecidos...e non me preguntedes a min  porque non pode ser noutra entidade!


Se non pagamos no período voluntario (¿?) aplicarannos un bonito recargo, así que procuremos non ter que pagar demáis, por favor!

Bo día!
  


No hay comentarios: