APLAUSOS E RISAS DO
PÚBLICO ASISTENTE Á FESTA DAS LETRAS GALEGAS DA FRAGA DAS SAÍMAS NA
REPRESENTACIÓN DA OBRA “O REPARTO” DO GRUPO TEATRAL O BORDELO
O colectivo de
mulleres Fraga das Saímas ven de celebrar este sábado, día 9 de maio, no Centro
Socio-Cultural de Sto. André de Boimente, a Festa das Letras Galegas-2015.
Unha vez rematada
esta lectura a presidenta deu paso ao Grupo de teatro O Bordelo, que durante
máis dunha hora arrincou numerosos aplausos e risas do público coa representación
da peza teatral “O reparto” do escritor, director e actor do grupo Francisco
Piñeiro. O grupo cervense, que provocou o entusiasmo d@s asistentes á Festa da
Lingua, é un grupo veterano que conta con 17 anos de experiencia e máis de 800
representacións e varios premios e certames teatrais de renome dentro do teatro
aficionado galego.
![]() |
| vídeo "Gústame o Galego" |
Logo desta exitosa
representación, a Directiva proxectou o vídeo
“Gústame o Galego”, cuxos protagonistas eran os propios veciños e socias que participaran no
Fotocol Gústame o Galego promovido no
2014 pola Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua Galega
dentro da súa campaña de dinamización do uso do galego. Tod@s @s protagonistas
desta campaña foron agasallados cun exemplar deste vídeo.
![]() |
| axenda de bolsillo |


No hay comentarios:
Publicar un comentario