Biblioteca veciñal

 BIBLIOTECA
“FRAGA DAS SAÍMAS”


CENTRO SOCIO-CULTURAL  SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE




OBXECTIVOS

A posta en marcha da Biblioteca “Fraga das Saímas”, concibida estritamente como un servizo público de lectura, ten como obxectivo principal facilitar o acceso ao libro, elemento cultural básico, a todas as socias e veciños do concello de Viveiro, e en consecuencia a promoción e a animación á lectura.
Con esta iniciativa cultural, onde se pon ao servizo da comunidade veciñal  unha serie de recursos moi útiles para a formación do autocoñecemento , a Directiva do colectivo Fraga das Saímas pretende que  esta biblioteca comunitaria sexa un espazo de achegamento da lectura de textos literarios e informativos, en formato impreso, audiovisual e multimedia, para que todas aquelas persoas interesadas adquiran o hábito lector e de aí poida formarse unha comunidade lectora.
En definitiva,  e tal e como establecen as pautas sobre os servizos das bibliotecas públicas, desde a Directiva “Fraga das Saímas”  tamén nos sumamos na defensa do acceso ao coñecemento e a información en igualdade de condicións para todas e todos, o fortalecemento do hábito lector e o fomento do coñecemento da literatura  e o patrimonio cultural.


PERSOAS USUARIAS DA BIBLIOTECA

As mulleres do colectivo “Fraga das Saímas” poden acceder automaticamente aos fondos documentais da Biblioteca veciñal co seu carné de socias. O resto dos veciños/as  do concello de Viveiro interesados/as en facerse socios poderán solicitar gratuitamente o carné de usuario/a  da Biblioteca  á Directiva de Mulleres.



SERVIZO DE PRÉSTAMO DE LIBROS

A Biblioteca Fraga das Saímas contará cun servizo de préstamo de fondos bibliográficos que se rexerá por unhas normas de uso propias.



DOAZÓN DE LIBROS

As entidades, institucións e persoas interesadas en doar material bibliográfico ou documental á Biblioteca “Fraga das Saímas” contactarán coa Directiva do colectivo de mulleres Fraga das Saímas  antes de realizar a doazón, co obxecto de proporcionarlle unha información mínima do contido da publicación e o seu estado de conservación para que sexa a propia  Directiva a que poida valorar a súa aceptación ou non.


OS FONDOS DOCUMENTAIS DA BIBLIOTECA

Os fondos documentais e as coleccións bibliográficas  da Biblioteca “Fraga das Saímas divídense en:
1º Fondos de non ficción: Xeneralidades, Filosofía, Relixión-Teoloxía, Ciencias sociais. Economía. Dereito e Educación, Ciencias Naturais e Matemáticas, Ciencias Aplicadas, Medicina e Tecnoloxía, Arte. Belas artes, Deportes, Espectáculos. Xogos. Lingüística. Literatura, Xeografía. Biografías e Historia. 
2º Fondos de ficción: novelas, narrativas, contos, poemas, rimas e cancións, Teatro, historietas, tebeos e cómics.



FONDOS DOCUMENTAIS



Impresos:
 -       Libros de non ficción. Contamos con obras biográficas como “Rosalía de Castro: documentación biográfica e biografía crítica (1837-1990)”.  Obras de lingüística e literatura  Atlas Lingüístico Galego”.  Obras de ciencias, tales como “Producción científica e recursos de investigación”. Obras de historia e xeografía, como tales “Os Concellos Galegos. 11 Volumes”. Obras  fotográficas, tales como “Catalá-Roca”. Obras pictóricas, tales como “El Greco. Apostalados”. Obras de turismo: “Terras de Ulla e Tambr”. ” A Ruta dos Faros da Costa da Morte”
-       Revistas, tales como “Economía de la pesca”
-   Libros de ficción: Poesía, tales como “Os Eoas. Unha aproximación de Eduardo Pondal” . Novela, como Os Fillos do Río (A.Risco) de Amor e Sombra (I. Allende). Teatro, como  Pensar co corpo” (M. Lourenzo), “Unha primavera para Aldara”  (T.Moure)”

Audiovisuais:
-          Películas. Tales como “Pradolongo”,  “Solas”,” Morning Glory”
-          Documentais. Tales como “O sinhor Afranio”. “Maruxa Maio A Transgresión Feita Muller”

Fonoteca:
-       Música clásica: “Obras Maestras de Chaikovski”.
-       Música contemporánea:  “Cancións para Antía”. “Vuslat”


LIBROS 




No hay comentarios: