O noso Patrimonio Inmaterial


ADIVIÑANZAS POPULARES

* Chover, chover ata o corno amolecer.......?

* Xear, xear ata o mermelo regañar ......?

* En marzo bótame a ver como pazo
en abril ábreme as portas e déixame ir
e en maio eu me vallo.......?

* Unha señorita moi señoritanga
sempre está na casa
e sempre anda mollada....?

* Cando vai para o monte vai encollida
e cando ven do monte ven estirada.......?

* Cando vai para o monte mira para a casa
Cando ven para a casa mira para o monte.....?


REFRANEIRO E DITOS POPULARES

* Moito traballo e pouco mirado

* Trastos vellos non teñen cura
e se a teñen non lles dura

* Ao criado novo
tóstanlle o ovo

* Se te roe a denunciña
manda tocar axiña
se te roe o alacrán
xunta a cera mailo pan

* Néboas no Castelo
Sardiñas para o carabelo

* En setembro ou secan as fontes
ou caen as pontes

* Cabra coxa non quere sesta
que se a dorme mal lle presta

* Se anda a mora na flor
pon a canada ao sol

* No mes de agosto
ten cuidado co frío no rostro

* Migueliño das uvas maduras
tarde vés e pouco me duras

* Cando chove e quenta o sol
anda o demo por Ferrol
preguntando por mulleres
cargadillas de culleres

* Tés boas ganas de buscart espiñas para os pés!

* Cando a candelaria chora
metade do inverno vai fóra
chore que deixe de chorar
metade do inverno está de pasar

* En marzo sobre do brazo
en abril sobre do cadril
en maio
eu me caio
e as vacas tamén falaron

* Chove e quenta o sol
vai o demo pa Ferrol

* Cada verdá que conta cáelle un ollo...
e aínda non lle caeu ningún

* Para o pobre sempre é noite
e cando amence, chove

* Onde hai papeis
calan barbas

* O que pode puxa
e o que non tarruxa!

* Canto máis frío
menos roupa

* Moita fachenda,
caldo á merenda!

* Polo que che digo
nada che quero

* Monte de cardo pa min o gardo
o da queiroga pa miña nora
e o de silva pa  miña filla

* Piriquiño anda no monte
cunha capa remendada
piriquiño anda dicindo
quen mal anda mal acaba




CANCIÓNS POPULARES

* Chao da iglesia está enfadado
disque vai denunciar
que lle espoltraron a gata
co ruído de ensaiar

vamos aló sr. cura
si podemos arreglar
vámoslle pagar a perda
que non vaia denunciar

E o cura dixo aos  mozos
non  vaiades cantar
pa cantar abasto eu
e o maestro pa roncar