A ILLA DE SAN SIMÓN E O PARQUE ARQUEOLÓXICO DE ARTE
RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO, ENTRE OS DESTINOS HISTÓRICO-PATRIMONIAL ELEXIDOS POLA
ASOCIACIÓN “FRAGA DAS SAÍMAS” PARA VISITAR DURANTE A SÚA VIAXE POLAS RÍAS
BAIXAS.
Máis de medio cento de persoas veñen
de percorrer durante esta fin de semana pasada unha ruta gastro-cultural polas
Rías Baixas organizada polo colectivo Fraga das Saímas, en colaboración con
Viaxes Lucus.

A media tarde, a expedición Fraga
das Saímas, acudiu á cita concertada no Val do Salnés coas Bodegas Terras de Lantaño,
onde un dos seus responsables fíxolles de guía durante a visita as súas instalacións
e aos viñedos. Rematada a visita guiada, @s viaxeir@s foron convidados a unha
cata comentada.
Antes de poñer rumbo a Viveiro o
colectivo Fraga das Saímas fixo unha última parada para visitar a fábrica de Tartas Casal e degustar os
seus produtos típicos, poñendo así punto
e final á ruta gastrocultural programada, según palabras da súa Presidenta ao
grupo co ánimo de ofrecer a nosa xente unha fin de semana intensa e
ilusionante e desexando que sigades durante moitos anos practicando esta
maravillosa afición de viaxar para descubrir os espectaculares tesouros que
acolle a nosa terra.