21.4.15

OBRADOIRO DE PLANTAS MEDICINAIS, AROMÁTICAS E COMESTIBLES



FRAGA DAS SAÍMAS ABRE O PRAZO PARA ANOTARSE NO OBRADOIRO DE PLANTAS MEDICIÑAIS, AROMÁTICAS E COMESTIBLES


As plantas mediciñais usáronse desde a máis remota antigüedade como tratamento para sanar e tratar enfermidades ao longo da historia do ser humano. Na actualidade os seus principios activos son os protagonistas da maioría dos medicamentos das industrias farmaceúticas.  As plantas aromáticas e comestibles forman parte da cultura popular que soubo encaixalas nun etilo de cociña que non só se preocupa da calidade e o sabor senón tamen da dietética e a nutrición. Saber utilizalas na xusta medida é todo un arte...E agora co colectivo Fraga das Saímas tedes a oportunidade a tod@s vós (socias, amigas, familiares, veciños do concello...) de aprender a identificar e clasificar as plantas medicinais, aromáticas e comestibles e a coñecer cales son os seus usos terapéuticos, culinarios e estéticos apuntádovos ao Obradoiro de Plantas Mediciñais, Aromáticas e Comestibles que imos organizar o sábado, 16 de maio. 
Inscríbite antes de que se esgoten as prazas (máximo 25 alumn@s)!! O prazo remata o 10 de maio!

No hay comentarios: