12.1.15

ASEMBLEA XERAL DA AMMRR "FRAGA DAS SAÍMAS"

A DIRECTIVA DA AMMR FRAGA DAS SAÍMAS CONVOCA AS SÚAS SOCIAS A ASEMBLEA XERAL ORDINARIA PARA O SÁBADO 31 DE XANEIRO 2015.



A Presidenta do colectivo feminino Fraga das Saímas, Flor Chao, convoca a todas as socias  a Asemblea xeral ordinaria anual que terá lugar o  sábado, 31 de xaneiro de 2015 e anima a todas as mulleres da  entidade a que acudan a esta asemblea para debatir sobre as actividades e iniciativas nas que estean interesadas en que se poñan en marcha ao longo do exercicio 2015 por parte da asociación.

Por outro lado as membros da actual Directiva esperan que participen  nesta importante cita anual o maior número de asociadas posible, xa que nela, ademais de aprobar as contas anuais do 2014, acordaranse as liñas centrais de traballo e o Programa de actividades e investimentos a desenvolver ao longo do ano 2015.

As socias que por motivos de forza maior non podan acudir a esta reunión e queiran delegar o seu voto noutra socia poden facelo mediante un escrito asinado  dirixido á Presidenta. Se queres baixarte o modelo de delegación
PINCHA AQUÍ

No hay comentarios: