Fun do
tempo / en que a muller / arrincaba coas
maus / as raíces á terra (Poema M. Romero)
O 7 DE XANEIRO DE 1910, NO LUGAR DOS BARREIROS, NACÍA DONA JULIA VIDAL, SOCIA DE HONOR DO COLECTIVO DE MULLERES RURAIS “FRAGA DAS SAÍMAS”. FELIZ 105 CUMPREANOS!
A parroquia viveirense de
Santo André de Boimente e a Asociación de mulleres Fraga das Saímas despertaron hoxe de noraboa.
A súa veciña e socia de honor, Dona Julia Vidal, cumpre 105 anos na súa casa de
Os Leás, ao lado da súa inseparable nora, Marisa. Dona Julia que recibe todos
os días os mimos e cuidados do seu neto Luis e a súa esposa Merche, pertence a
esa xeración de mulleres galegas de raza, que se enfrontaron a unha vida dura e difícil
con coraxe e valentía, mais sen perder o optimismo e a alegría no seu infatigable facer diario e que como di
aquel poema de Medos Romero, cuxos versos poderían ser mesmo palabras de Dona Julia, Fun do tempo / en que a muller / arrincaba coas maus / as
raíces á terra.
Membros da Directiva
do colectivo “Fraga das Saímas” visitaron o día de Reis a Dona Julia para transmitirlle
todo o afecto e cariño das mulleres da asociación. Visita que aproveitaron tamén para achegarlle un
agarimoso presente.
Dona Julia, a nosa admirable socia, loitadora incansable,
que mentras non lle fallaron as forzas traballou arreo con sentimento,
emoción e orgullo a terra que a viu nacer. A ela, no día de hoxe, a
Directiva quere dedicarlle estes excepcionais versos do poemario de Medos Romero, Rendéome no Tempo.
empapándose de sures os peitos,
tinguíndose as maus
dun mouro seco,
axirando un pan segado
ao roubo da sesta das tardes.
ti,
campesiña, flor xa tan seca
do tallo delicado,
aquela da onda no pelo,
esa da foto marela,
a do vestido longo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario