6.2.15

PROGRAMA DE ACTUACIÓNS 2015



AS SOCIAS DO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS” APROBARON POR UNANIMIDADE, EN ASEMBLEA XERAL, O PROGRAMA DE ACTUACIÓNS-2015 PROPOSTO POLA SÚA DIRECTIVA PRESIDIDA POR FLOR CHAO

A asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” celebrou a súa asemblea xeral ordinaria anual o pasado sábado, 31 de xaneiro, no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente, onde,  tras dar lectura a súa secretaria do informe de xestión e do estado de ingresos e gastos do ano 2014, as socias aprobaron por unanimidade as contas do exercicio 2014.

O Plano de actuacións do 2015 do colectivo Fraga das Saímas, presentado pola actual Directiva seguindo a súa liña de traballo de anos anteriores, foi aprobado por acordo unánime das socias do colectivo feminino de San Andrés de Boimente.

A Directiva da asociación “Fraga das Saímas”, presidida por Flor Chao,  afronta no seu último ano de mandato o reto de  desenvolver unha axenda programática cargada de actividades e iniciativas novidosas e de interese para a súa comunidade veciñal  co fin de cumprir así cos obxectivos marcados por esta entidade.

Entre as principais actividades e proxectos a desenvolver no 2015 pola Directiva Fraga das Saímas, caben destacar:

  •  Dentro da área de Formación:  Obradoiro sobre plantas mediciñais e a IIIª Edición de Xornadas Micolóxicas nos montes do Buio, ao obxecto de fomentar a sensibilización polo medio natural e a aposta polo rural.
  •  Dentro de actuacións para preservar o noso patrimonio material: Catálogo da flora ou/e fauna da Fraga das Saímas (1ª Fase) e Montaxe da  mostra temporal da colección de elementos etnográficos recompilados.
  •  Dentro das actividades lúdico-culturais: Organización do Concurso de Karaoke “Primavera na Fraga das Saímas”, no marco da celebración da Festa do Medio Natural. Organización do IIº Maratón de Tute mixto e Obradoiro de Masaxe Relaxante de Espalda, dentro das actividades a realizar con motivo do Día da Muller traballadora. Celebración do Día da Socia. Organización de xogos de mesa dentro do Programa NÓSxogamos, etc.
  •   Dentro das actividades culturais:  elaboración dun vídeo-documental en homenaxe ás mulleres da asociación e ao obxecto de visibilizar e poñer en valor o traballo da muller no rural. Campaña de fomento do uso do galego no marco da celebración do Día das Letras Galegas, Teatro, cinema, contacontos, etc.. 
  •  Dentro da área de fomento do coñecemento do patrimonio natural, histórico e artístico de Galicia  a Directiva organizará a primeira fin de semana de xuño unha Ruta Gastrocultural polas Rías Baixas e poñerá a andar, un ano máis, o programa Turisteando por terras lucenses  no mes de setembro.

 

Unha vez rematada a asemblea as asistentes participaron, ata pasadas as once da noite, en diversos xogos de mesa, mentras deron boa conta de petiscos, refrescos e cafés.

No hay comentarios: