O COLECTIVO
DE MULLERES “FRAGA DAS SAÍMAS” CLAUSURA NA CASA FANEGO A SÉTIMA EDICIÓN DO SEU
PROGRAMA DE ACTIVIDADES SOCIO-FORMATIVAS ( 2013-2014)
O colectivo de mulleres “Fraga das Saímas”
ven de celebrar, un ano máis, a clausura dos cursos 2013-2014 do seu Programa
de actividades Socio-Formativas.
Vintesete alumnas do Programa
formativo 2013-2014 da Fraga das Saímas desprazáronse ata municipio do Vicedo para
festexar a clausura dos cursos organizados polo colectivo de mulleres de Sto.
André de Boimente .
Entre os cursos desenvolvidos
durante a 7º edición do Programa formativo “Fraga das Saímas” cabe destacar dúas
edicións de informática e internet (unha 1ª edición para iniciados e 2º curso
avanzado), ambos impartidos pola técnica especialista en informática de
xestión, Natalia González. Tamén cabe recordar a posta en marcha das Iªs
xornadas de Talasoterapia realizadas no Talaso do complexo das Sirenas, así
como as Xornadas de Introdución á Poda e as Xornadas Micolóxicas impartidas por
A Estruga, Espazo Agroecolóxico. Asimesmo, esta edición volveu contar cun
taller de manualidades, cuxas alumnas continuan demostrando, man da súa monitora
Mercedes, o seu lado máis creativo.
As alumnas disfrutaron dun tradicional
xantar na Casa Fanego, na que degustaron
de exquisitos entremeses, paella de marisco, postres caseiros, cafés e
chupitos.
Logo de pasear e compartir tempo de anécdotas
e divertimento, as comensais puxeron o broche de ouro á xornada cantando e
bailando ao ritmo das máis cantareiras.
Antes de dar por rematada a
celebración a Presidenta da asociación, Flor Chao, aproveitou para expresar a
satisfación da Directiva pola boa acollida que tiveron todos os cursos desenvoltos
na edición 2013-2014 e agradeceu a todas as alumnas a súa participación e
contribución ao éxito do Programa anual Socio-Formativo da Fraga das Saímas.
Durante o seu discurso de clausura animou e convidou a participar a todas as
presentes na celebración do Día da Socia, sábado 2 de agosto, porque como dixo
a máxima responsable desta entidade “Fraga
das Saímas non pecha nin en época de vacacións”. Durante esta celebración que
se desenvolverá, un ano máis, no refuxio do Curro do Candaoso contarán coa
actuación do grupo Nova Semente de
Celeiro, financiado polo programa da Área de Cultura da Deputación de Lugo Musiqueando pola provincia de Lugo. E xa
a tardiña todos os asistentes a esta celebración gozarán do espectáculo de
circo Casal em risco da compañía
Asacocirco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario