30.6.14

EXPOSICIÓN TEMPORAL imaxesRAPAcandaoso-2013



A Loita. Autor: José Regueiro
FRAGA DAS SAÍMAS ABRIRÁ AS PORTAS DO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE STO. ANDRÉ DE BOIMENTE O DOMINGO  6 DE XULLO, DÍA DA RAPA DAS BESTAS, AOS VISITANTES INTERESADOS EN COÑECER A EXPOSICIÓN imaxesRAPAcandaoso-2013 

Os amantes da fotografía e da natureza que desexen coñecer os traballos gañadores do Concurso imaxesRAPAcandaoso-2013 organizado pola asociación “Fraga das Saímas” no marco da XLV edición da Rapa das Bestas do Curro de Candaoso, poderán aproveitar a súa visita á Feira e Festa de Interese Turístico da Rapa das Bestas-2014 que se celebrará o vindeiro Domingo 6 de xullo  nos Montes do Buio, para achegarse ao Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente a coñecer e disfrutar da exposición composta polos 15 mellores traballos fotográficos presentados a esta concurso e que permanece neste Centro desde o pasado  mes de novembro, en tanto que non puido ser levada polo de agora as sás do concello de Viveiro.

As persoas interesadas en ver esta exposición poderán facelo o domingo, 6 de xullo, en horario de 11.00 h a 14.00 h. e 16.00 a 18.00 h, chamando con antelación ao teléfono 610007746 

No hay comentarios: