MEDIO CENTO DE
SOCIAS E VECIÑOS CELEBRARON A FESTA DAS LETRAS GALEGAS, CO COLECTIVO FRAGA DAS
SAÍMAS, GOZANDO DO TEATRO DE “ÁRDORA” E O FOTOCOL DE “GÚSTAME O GALEGO”
O colectivo
Fraga das Saímas ven de celebrar, no Centro Socio-Cultural de Sto. André de
Boimente, a súa Festa das Letras Galegas 2014 a pasada tarde-noite do sábado,
10 de maio, e cuxo Día das Letras se lle adica este ano ao poeta dos Vilares de
Parga, X. M. Díaz Castro.
Os actos de
homenaxe ás Letras Galegas e á nosa lingua deron comezo ás 18.00 horas coa benvida
da presidenta, Flor Chao, previo reparto entre os asistentes dun folleto sobre
a obra e vida de Díaz Castro e de escoitar a grabación musicada e cantada por
Quenlla de Penélope, o poema máis
famoso e dos máis traducidos do poeta lugués.
Fotocol do Grupo de teatro ÁRDORA |
Logo do discurso de
benvida da presidenta, onde resaltou o importante papel das veciñas e veciños como
motores dinamizadores e orgullosos defensores da súa lingua no día e día das
súas vidas, o público asistente tivo a oportunidade de disfrutar coa nova peza
teatral do profesor Francisco Piñeiro, “Xustiza de Lei”, interpretada polo
grupo de teatro Árdora, e cuxa actuación foi recibida con grande entusiasmou
polo público asistente.
Rematado o teatro, o
medio cento de convidados sumáronse ao Fotocol da campaña de fomento da lingua “Gustame
o Galego” (desenvolta pola CTNL e gañadora do premio Xoán Manuel Pintos-2013) para
axudar a transmitir unha mensaxe
positiva a prol do galego facendo visible o seu apoio individual e colectivo ao
uso da lingua galega fotografándose con frases como “Gústame o galego ata no carné de identidade”, “Gústame que se faga xustiza co galego”, “que me digan qrt” m8 ;-), “
que me entren en galego ;-)”, “xogar
en galego, etc. e que forman parte dos 30 lemas incluídos nesta campaña.
Fotocol dun grupo de asistentes á Festa das Letras2014 |
E entre foto e foto as amigas e amigos da lingua
galega foron recompensados con petiscos, refrescos e uns saborosos churros con
chocolate.
Pasadas as 22.30 horas a Directiva da Fraga das Saímas
clausurou a Festa da Lingua facéndose un
fotocol cun nutrido grupo de convidados
que permanecían nas instalacións do Centro Socio-Cultural disfrutando da
velada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario