28.4.14

VII FESTA DO MEDIO NATURAL-2014



Carmiña e Paco alzáronse co premio do Iº Concurso de Baile Fraga das Saímas, na categoría de parellas, mentras na categoría individual o xurado calificador outorgoulle o premio á Lourdes Cobelo.

A  MAXIA  DO MAGO JOGE E A MÚSICA DE VIVARIUM CAUTIVARON AOS ASISTENTES Á VII FESTA DO MEDIO NATURAL ORGANIZADA POLO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS”

 O sábado 26 de abril o Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente acolleu a celebración da 7ª edición da Festa do Medio Natural organizada pola asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas.

As portas do Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente abríronse ás 13.30 horas coa música de Vivarium, mentras as/os convidados ían chegando. Cando xa o salón de baile estaba ateigado de público a Presidenta do colectivo Fraga das Saímas aproveito para darlles a benvida a todos os presentes e agradeceu a boa acollida desta 7ª edición da Festa do Medio Natural coa que o colectivo de mulleres celebraba a chegada da estación primaveral. Durante o seu discurso animou aos presentes a gozar ao máximo deste evento e desvelou ao público que o colectivo Fraga das Saímas ía celebrar, durante a sesión de baile amenizada por Vivarium, o seu Iº Concurso de Baile e animou a participar a todas as/os amantes do baile neste concurso sorpresa que o colectivo xa viña deixando adiviñar en días pasados.

Logo do xantar servido polo Restaurante “O Val do Naseiro”, do que deron boa conta os máis de setenta socias, familiares e amigos, o colectivo de mulleres Fraga das Saímas propúxolles aos comensales disfrutar dun espectáculo de ilusionismo, maxia e humor co mago de referencia da Comarca da Mariña, o Mago JOGE, que logrou meterse no bolsillo a todo o público coa súa extraordinaria actuación de maxia, durante a cal fixo partícipe dos seus xogos de ilusionismo a todos os espectadores, logrando interactuar co público con grande éxito. 

Rematada a actuación do mago cervense Jorge Manchado, deu comezo a sesión de baile a cargo do grupo Vivarium e con el o Iº Concurso de Baile “Fraga das Saímas”, onde se apuntaron máis de 10 equipos para concursar na categoría de parellas e unhas 20 persoas  para concursar na categoría individual. Logo de bailar cinco estilos de música e dun reñido desempate o xurado calificador, (formado por Mario e Idoya do grupo Vivarium e Flor Chao en representación do colectivo Fraga das Saímas), acordou que o premio deste Iº concurso de baile, na categoría de parellas, fora para Carmiña e Paco e que o premio correspondente á categoría de baile individual fora para Lourdes Cobelo. Os premiados foron agasallados cun diploma e un premio en metálico de 40 € e 20 € respectivamente.

As portas do Centro socio-cultural de Santo André de Boimente pecháronse pasadas as 22.00 horas, logo dunha longa sesión de baile, onde tanto os participantes no concurso de baile coma a actuación musicial do grupo Vivarium foron moi aplaudidos e vitoreados.