A Asemblea Xeral das mulleres do colectivo “Fraga das Saímas” acorda,
entre outras iniciativas, poñer en marcha o Programa SPAbílate Muller, a
montaxe dunha Mostra de Patrimonio Etnográfico Material, a exposición itinerante imaxesRAPAcandaoso2013 e a Maratón NÓSxogamos. Tres proxectos que
apostan pola saúde das mulleres, a conservación do Patrimonio, o turismo de
natureza e o fomento da participación veciñal a través da creación de espazos
lúcidos.
AS
SOCIAS DO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS” APROBAN POR UNANIMIDADE NA SÚA ASEMBLEA
XERAL ANUAL O PROGRAMA DE ACTIVIDADES 2014 E DAN O SEU VISTO BO AO INFORME DE
XESTIÓN E AO ESTADO DE CONTAS DO ANO 2013 DA ENTIDADE.
A asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” ven de celebrar a súa asemblea xeral anual a tarde do sábado, 25 de xaneiro, no seu Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente.
Foto de arquivo. Asemblea 2011 |
O Programa de Actividades da asociación Fraga
das Saímas para o 2014, cuxo orzamento ascende a 25.420 euros, desenvolverase
dentro de cinco liñas de traballo principais:
- Área de Formación/información, destacando
dentro desta área a organización da 2ª edición das Xornadas Micolóxicas nos
Montes do Buio e do Curso de Informática e Internet.
- Actividades Socio-culturais de integración,
dentro das cales se aprobaron, entre outras, a exposición itinerante
ImaxesRAPAcandaoso2013, como parte da campaña de sensibilización do
Medio Natural e aposta polo Rural galego e o turismo de natureza. Así como a
posta en marcha do Programa SPAbílate Muller, a través do cal as
socias e convidadas da asociación poderán participar durante dous meses nun
circuíto termal no Thalasso Cantábrico.
- Actuacións para preservar o noso patrimonio
Material e Inmaterial. Nesta área de traballo continuarase a desenvolver o proxecto Raíces Vivas e
porase en marcha a montaxe da infraestrutura que acollerá unha Mostra do Patrimonio
Etnográfico da zona.
- Actividades Lúdico-culturais (Cultura e divertimento). Dentro deste
área, entre outras moitas actuacións, aprobouse a organización dunha Maratón
de xogos de Mesa (programa NÓSxogamos) e a participación no
programa LUAR da TVG, onde as sócias, amigas e veciños de Viveiro
poderán asistir como público o 28 de febreiro ao famoso programa da TVG.
- Área de fomento do coñecemento do patrimonio natural, histórico e
artístico de Galicia-Cantabria. Dentro desta área de traballo Fraga das Saímas
organizará unha viaxe de fin de semana a Cantabria o 7 e 8 de
xuño e desenvolverá o programa Turisteando por terras lucenses
(de Samos á Cidade das Murallas, Patrimonio da Humanidade) no mes de setembro.
Unha vez rematada a asemblea as asistentes
participaron nunha nova modalidade de xogo de mesa impulsado pola Directiva, onde non se coñecerá
a gañadora antes de rematar o mes de
febreiro.