ARRANCA O CIRCUÍTO TERMAL DO PROGRAMA DE SAÚDE “SPAbílate
MULLER” ORGANIZADO POLO COLECTIVO
“FRAGA DAS SAÍMAS” NO WELLNESS
THALASSO CÁNTABRICO AS SIRENAS.
Doce das vinte
participantes no programa de saúde do
colectivo feminino “Fraga das Saímas” SPAbílate Muller, déronse cita
este domingo 2 de febreiro ás 11.30 h. no Wellness Thalasso Cántabrico As
Sirenas.
Durante os meses de
febreiro e marzo unha vintena de participantes neste programa terapéutico da
asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” acudirán ao circuíto termal do
Wellness Thalasso os venres á tarde e os
domingos á mañá onde disfrutarán ao longo
dunha hora e media do Circuíto Termal Thalassoterapia.
Este primeiro
domingo de febreiro, un grupo de doce
mulleres, amantes da saúde e da
tranquilidade, inauguraron o programa de Fraga das Saímas SPAbílate Muller, acudindo
á súa primeira cita coa Thalassoterapia, onde puideron relaxarse e gozar dun jacuzzi, unha piscina terapéutica con
chorros, géiser e camas de hidromasaxe e onde disfrutaron tamén dunha zona de
estufas, duha hamam (húmeda), dunha sauna seca, dos contrastes con auga fría e dos
pediluvios, e completaron o circuito na zona de relax en tumbonas quentes.
As participantes
neste 1º circuito termal Thalassoterapia remataron cansas pero contentas e
satisfeitas logo de probar este método de terapia a base de tratamentos con
auga mariña e felicitaronse por contar con estas instalacións no municipio, se
ben aproveitaron tamén para suxerirlle á
dirección do Centro a necesidade de dotar dalgún elemento de seguridade
(pasamáns...) o Jacuzzi e a piscina
terapéutica para mellorar a accesibilidade das persoas con problemas de
equilibrio e dificultade de movementos.
A Directiva Fraga
das Saímas aproveita para informarlles ás socias e veciños de Viveiro que só
quedan 10 prazas libres para anotarse á viaxe programada por este colectivo
para asistir como público, o venres 28 de febreiro, ao programa de LUAR da TVG.
As persoas interesadas en acudir a este evento teñen que reservar a súa praza
antes do luns 10 de febreiro, podendo facelo vía e-mail ou
telefonicamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario