O CENTRO SOCIO-CULTURAL DE STO. ANDRÉ DE BOIMENTE
ACOLLEU ESTA FIN DE SEMANA O CURSO DE
INICIACIÓN Á PODA ORGANIZADO POR ESPAZO AGROECOLÓXICO “ESTRUGA”, COA
COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN DE MULLERES “FRAGA DAS SAÍMAS”
O espazo agroecolóxico ESTRUGA ven de organizar por terceiro ano consecutivo un Curso de Iniciación á Poda.
Logo de desenvolver este curso, en anos
anteriores, nas parroquias de Valcarria e Galdo, o espazo agroecolóxico Estruga
elixiu a parroquia de Santo André de Boimente para organizar a súa 3ª edición
coa colaboración do colectivo de mulleres
da Fraga das Saímas, que puxo a
disposición de Estruga o salón de actos do seu Centro Socio-Cultural, onde se
impartiu a parte teórica deste curso de iniciación á poda.
Este curso, que se impartiu o sábado
18 de xaneiro, deu comezo ás 9.30 horas. Durante dúas horas as dezaoito persoas
asistentes aprenderon de maneira moi didáctica e sinxela que tipos de poda
existen, que época é a mellor para lévala a cabo, os tipos de útiles de poda e
o seu mantemento, tendo ocasión tamén de facer todo tipo de consultas e
plantexar as súas dúbidas ao monitor deste curso, o enxeñeiro agrónomo de
Viveiros Daplanta, que aproveitou para darles algúns consellos prácticos moi
útiles e algún que outra “receita caseira” para o coidado das árbores
froiteiras.