O COLECTIVO DE MULLERES DE STO. ANDRÉ DE BOIMENTE ORGANIZA A VI FESTA DE NADAL "FRAGA DAS SAÍMAS-2013"

As persoas interesadas teñen de prazo para anotarse á Cea de confraternidade ata o día 15 de decembro de 2013. Cea que estará servida polo Restaurante O´Val do Naseiro a partir das 21.00 horas.
Os actos desta celebración darán comezo ás 19.30 horas cun gran Concerto de Nadal a cargo dun dos novos valores da música galega, a xovencísima cantautora Carmen Rodríguez Rodríguez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario