“A
violencia NON é normal REACCIONA. ROMPE as cadeas co teu AGRESOR”
O COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS PON
EN MARCHA UNHA CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA CON MOTIVO DA
CELEBRACIÓN DO 25N, DÍA MUNDIAL PARA A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE
XÉNERO

As
manifestacións de violencia que se amosan neste material gráfico
non son necesariamente consecutivas, senón que poden ser
experimentadas de maneira intercalada. Neste material plásmase dous
tipos de relacións de parella: unha saudable e outras relacións
cunha escala de violencia gradual, onde se inicia sinalando as
manifestacións máis sutiles, posteriormente as máis evidentes e na
última escala as manifestacións máis extremas.
Aínda
que habitualmente tendemos a fixar a atención nas formas extremas da
violencia. Con esta campaña quixemos centrar o foco de atención
desde a 1ª etapa onde se enxendra a violencia e se desenvolve no día
a día unha violencia velada que aparece dun xeito case irrecoñecible
(palmadiñas, burlas, empuxóns...) para así as rapazas, a través
deste violentómetro, podan ser capaces de recoñecer unha serie de
sinais de advertencia na súa relación de parella e saiban
identificar se a súa relación está baseada na igualdade ou polo
contrario está sufrindo unha relación de violencia e desigualdade (
falta de respecto a través de insultos, humillacións.., críticas
constantes, celos, imposición de obrigas sobre o que debes facer ou
dicir... intentar aillarte da familia e amigos, obrigada a manter
prácticas sexuais non desexadas, etc..)

Para
a realización desta campaña de sensibilización e identificación
das situacións violentas desde as primeiras sinais, dentro dunha
relación sentimental, o noso colectivo empregou a idea dun material
gráfico similar que desenvolveu o Instituto Politécnico Nacional de
México no ano 2009 a raíz dunha das investigacións levadas a cabo
dentro do seu Programa Institucional de Xestión con Perspectiva de
Xénero entre o seu alumnado de 15-25 anos, co título “Novas
dinámicas da relación de parella”.
Por
último dicir que para a elaboración do violentómetro o colectivo
Fraga das Saímas contou coa axuda inestimábel de varios
colaboradores que supervisaron os contidos deste material. Así cabe
agradecer a axuda de Fernanda Soutullo (Técnica de Servizos
Sociais), Dores Sánchez (Filóloga galego-portuguesa) e Manuel López
(dinamizador cultural), asimesmo á empresa Ideño, SL que colaborou,
baixo a coordinación da secretaria e presidenta da Asociación, no
deseño e maquetación do violentómetro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario