As
cestas de nadal valoradas en máis de 200 € e sorteadas na Festa
navideña que clausurou as actividades organizadas ao longo do 2013
polo colectivo de mulleres “Fraga das Saímas” foron parar ás
mans de Natalia e Dolores, socias do colectivo feminino, e as de convidada
Eva e os veciños Brais e Pepe de Chao.
O
FESTIVAL DE NADAL “FRAGA DAS SAÍMAS” PUXO O BROCHE DE OURO ÁS
ACTIVIDADES DO 2013 ORGANIZADAS POR ESTE COLECTIVO COA ACTUACIÓN
ESTELAR DA CANTAUTORA RIBADENSE CARMEN RODRÍGUEZ NO SEU CONCERTO
ESPECIAL DE NADAL.
Esta cita de “obrigado cumprimento”, á que acudiron uns noventa
invitados, entre socias, familiares, amigos e veciños da parroquia,
deu comezo ás 19.30 horas co concerto especial de Nadal ofrecido
pola xovencísima cantautora ribadense Carmen Rodríguez Rodríguez
que durante a súa actuación estelar interpretou, entre outros,
temas propios como “O mundo a medias”, temas de Guns and Roses
como “Sweet Child O´Mine” e temas de Sés como “Co xenio
destrozado”, cos que logrou encadilar ao público asistente que
gozaron da súa música e da súa privilexiada voz ao longo de perto
dunha hora de concerto.
Logo do exitoso concerto, os convidados disfrutaron dunha cea de confraternidade servida polo restaurante O Val do Naseiro, onde os comensales deron boa conta de entremeses, rape en salsa verde e dos típicos postres navideños. Ao remate destes a Directiva “Fraga das Saímas”, axudadas polas nenas e nenos presentes na festa e as socias máis veteranas procederon a sortear 3 fermosas Cestas navideñas e 4 agasallos de consolación.
As gañadoras/os das cestas foron as socias do colectivo Fraga das Saímas: Dolores, Eva, Natalia, Carmen, unha convidada da asociación: Eva e os veciños Pepe de Chao e Brais.
Esta
festa navideña prolongouse ata as 2.30 h. da madrugada, onde os máis
festexeiros remataron a velada bailando ao son da música do Dúo
Suso que co seu bo facer musical
fomentaron o entusiasmo e a alegría do público.
No hay comentarios:
Publicar un comentario