9.7.13

DÍA DA SOCIA

"FRAGA DAS SAÍMAS" ABRE O PRAZO PARA ANOTARSE Á CELEBRACIÓN DO DÍA DA SOCIA ATA O 27 DE XULLO DE 2013.

As socias e os seus familiares interesadas en participar nesta celebración anual teñen que comunicarllo as membros da Directiva "Fraga das Saímas" antes do vindeiro 27 de xullo.

O Día da Socia da "Fraga das Saímas" celebrarase o sábado 3 de agosto na explanada do curro do Candaoso (Montes do Buio) cunha Gran Sardiñada preparada pola Directiva do colectivo de mulleres e voluntarios.

Esta celebración estará animada pola música do Home Orquestra e as asistentes tamén poderán disfrutar de paseos polas diferentes rutas existentes nesta emblemática contorna natural e participar en diferentes xogos tradicionais.

No hay comentarios: