Esperamos que as socias, veciños e visitantes aficionados á fotografía acudan á nova edición da Rapa das Bestas-2013 coa cámara preparada para recoller a mellor instantánea para presentala a este concurso que agasallará aos autores dos mellores traballos fotográficos con 5 premios en metálico que irán desde 50 ata 250 euros, declarou Flor Chao durante o seu discurso de Benvida ao anunciar que se ía a poñer a andar o concurso ImaxesRAPAcandaoso-2013
O ESPECTÁCULO DE TÍTERES DA COMPAÑÍA MINDONIENSE MIRCROMINA “VACACIÓNS NO MAR” CAUTIVOU AO PÚBLICO ASISTENTE Á Vª FESTA DO MEDIO NATURAL ORGANIZADA POLO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS”
O sábado 27 de abril o Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente acolleu a celebración da 5ª edición da Festa do Medio Natural organizada pola asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas.
Ás 13.30 h. a presidenta deulle paso a compañía MIRCROMINA que representou “Vacacións no mar” un espectáculo de títeres cuxas escenografías, mecanismos e muñecos son pezas únicas, deseñadas e creadas no propio obradoiro artesán de Micromina e que fixeron as delicias de pequenos e maiores, facéndoos viaxar a estes últimos ata a súa infancia e os seus mellores recordos.
Rematados os actos centrais da Festa do Medio Natural uns setenta invitados deron boa conta do xantar servido polo Restaurante “O Val do Naseiro” e disfrutaron dunha sesión de baile amenizado polo aplaudido e vitoreado grupo ferrolá “Dúo Maracuyá”, que foron os culpables de que a festa se prolongara ata pasadas as nove da noite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario