29.4.13

FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2013

O COLECTIVO DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS" INAUGURARÁ A SÚA BIBLIOTECA O PRÓXIMO 26 DE MAIO, NO MARCO DA CELEBRACIÓN DA FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2013.


A Directiva Fraga das Saímas anima a todas as socias, amigas  e veciños de Viveiro a asistir á celebración da Festa das Letras Galegas-2013, no marco da cal a Asociación de Mulleres, creada no ano 2007, terá o gran pracer de inaugurar ante as súas socias, veciños e amigos  a súa Biblioteca. Unha pequena biblioteca, cuxos fondos bibliográficos foron doados pola Fundación Pedro Barrié de La Maza, Fundación Sotavento e varias socias, entre elas Elisa e Gloria. Unha biblioteca da cal poderán ser socias todas as mulleres integradas no colectivo Fraga das Saímas e Así como todas  aquelas persoas que soliciten o carnet de socio da biblioteca.

As persoas interesadas en participar desta Festa das Letras poderán contactar coa Directiva no teléfono 669250948 (Flor).

Esperamos contar coa presenza de todas e todos os amantes dos libros e da nosa lingua viva.