9.1.13

XULIA VIDAL BALSEIRO : 103 ANOS DE DIGNIDADE E CORAXE



DONA XULIA VIDAL BALSEIRO,   SOCIA DE HONOR DO COLECTIVO DE MULLERES “FRAGA DAS SAÍMAS”, CELEBROU OS SEUS  103 ANOS EN COMPAÑÍA DAS SÚAS INSEPARABLES BIZNETAS, NETOS E NORA.


A parroquia viveirense de Santo André de Boimente  e a súa Asociación de Mulleres “Fraga das Saímas”  están de NORABOA esta semana porque a súa veciña  e socia de honor, Dona Xulia Vidal, ven de celebrar o seu 103 aniversario na súa casa dos Leás, acompañada polos seus familiares máis incondicionais e máis queridos (biznetas, neta política, neto e a súa nora).

A coraxe e valentía da nosa veciña, de profesión labrega, demostrada ao longo de toda a súa longa vida é un exemplo de loita, forza e sentimento  pola súa terra e os seus seres máis queridos e debe ser todo un exemplo a seguir para as novas xeracións de mulleres galegas.

Mulleres coma Dona Xulia demostran o papel fundamental que desempeñaron as nosas labregas na loita  do campo galego e na defensa das súas terras, do seu medio, da súa propia existencia e dignidade.

As mulleres do colectivo Fraga das Saímas, desde a nosa máis profunda admiración e respecto, desexámoslle a Dona Xulia que poda seguir disfrutando día a día da compañía das súas netas/o e nora, porque sabemos que para a nosa socia é o seu mellor e máis prezado regalo.

FELICIDADES XULIA!

No hay comentarios: