27.12.12

FESTIVAL DE NADAL "FRAGA DAS SAÍMAS-2012"


Coa celebración desta Festa navideña clausúranse ás actividades organizadas ao longo do 2012 polo colectivo de mulleres “Fraga das Saímas”, e que esperamos, desde a Directiva, foran do voso interese e agrado. Desexando, asimesmo  poder continuar ofrecéndovos, se é posible, máis e mellores ofertas culturais e lúdicas durante o vindeiro ano asegurou Flor Chao, Presidenta do colectivo feminino,  durante a intervención do seu discurso de benvida e felicitación.

MÁIS DUN CENTO DE SOCIAS, FAMILIARES E AMIGOS SEUS ASISTIRON AO FESTIVAL DE NADAL “FRAGA DAS SAÍMAS-2012” QUE ACOLLEU UN CONCERTO ESPECIAL DE NADAL A CARGO DO GRUPO CHAIREGO IRIMIA CANTAREIRAS

 O sábado 21 de decembro o Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente abriu as súas portas, un ano máis, para celebrar a  5ª edición do Festival Fraga das Saímas, organizado polo colectivo de mulleres de Santo André de Boimente.

A esta cita  de “obrigado cumprimento” acudiron 105 invitados, entre socias, familiares,  amigos e veciños da parroquia. Os asistentes a esta festa de despedida do 2012 gozaron dun excelente concerto de Nadal ofrecido polo grupo chairego Irimia Cantareiras que os deleitou cunha escolma do seu repertorio de música tradicional galega e con coplas recollidas polas integrantes do grupo na Comarca do nacemento do Miño.

A Presidenta, Flor Chao, durante o seu discurso de presentación destacou das Irimia o seu talento musical e a súa extraordinaria sensibilidade musical e o seu profundo respecto, amor e admiración pola nosa lingua, a nosa música e sobre todo pola memoria do noso pobo e das nosas mulleres: Heroínas anónimas marxinadas co silencio e o olvidadas pola historia.

Logo do concerto das Irimia, os convidados disfrutaron dunha cea de confraternidade servida polo restaurante O Val do Naseiro, onde os comensales deron boa conta de entremeses, rape en salsa verde e dos típicos postres navideños. Ao remate destes a Directiva “Fraga das Saímas”, axudadas polas nenas e nenos presentes na festa, procederon a sortear 6 fermosas Cestas Anticrise. As gañadoras/os das cestas foron as socias do colectivo Fraga das Saímas: Isabel, Inés, Carmen, os veciños de Santo André Aurelio e Vicente e  a convidada: Berta (filla da socia Ester Lorenzo)



Esta festa navideña prolongouse ata as 2.00 h. da madrugada, onde os máis festexeiros remataron a velada bailando ao son da música do Dúo Aguamarina que provocaron coa súa entrega o entusiasmo e a alegría entre o público.

No hay comentarios: