25.11.12

MANIFESTO 25N: CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA


A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "FRAGA DAS SAÍMAS", CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO  25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA, MANIFESTA PUBLICAMENTE:


Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Declarado desde 1981 Día Internacional contra a violencia machista, a asociación de mulleres “Fraga das Saímas” quere sumarse a todas aquelas plataformas e colectivos de homes e mulleres que están a traballar na defensa dos nosos dereitos individuais, sociais, económicos e laborais e que non lles treme a voz á hora de denunciar o incumprimento reiterado das políticas da muller en materia social e de igualdade por parte de empresas, institucións e gobernos, así como a denuncia pública dos sanguentos e inxustificados recortes sociais que se están aplicando desde os nosos gobernos e que merman e estrangula, cada día máis, a capacidade de autonomía das mulleres e incrementan o perigo de ameaza da súa integridade física e psicolóxica.

Reivindicamos, un ano mais, e esiximos de todos os grupos políticos e administracións públicas unha maior implicación e a adopción de medidas reais e contundentes para erradicar esta vergoñenta lacra social e animamos a todas as cidadás e cidadáns a educar en igualdade e actuar con valentía, denunciando calquera tipo de maltrato para ROMPER CO CÍRCULO DA MORTE.

As mulleres deste colectivo gritamos NON MÁIS ASASINATOS!

As mulleres deste colectivo reivindicamos ser donas do noso propio corpo e das nosas vidas e rexeitamos calquera tivo de imposición gubernativa que atente contra este dereito exclusivo e invidual de toda Muller.

As mulleres deste colectivo apostamos pola transformación dun novo contexto socio-cultural libre de violencia machista.

As mulleres deste colectivo apostamos pola construción doutro modelo de sociedade: solidaria, libre e defensora a ultranza dos dereitos de todas as persoas.

As mulleres deste colectivo queremos recordar ás irmás MIRABAL (Patricia, Minerva e Mª Teresa), símbolos da loita e da resistencia, asasinadas o 25 de novembro do ano 1960 na República Dominicana a mans da policía segrega do ditador Rafael Trujillo, así como preservar a memoria de tantas e tantas mulleres vítimas da violencia machista no mundo e recordar en voz alta a todas e cada unha das 50 mulleres asasinadas no ano 2012 no estado español que a continuación nomeamos:

DATA
NOME
PROVINCIA
1 de xaneiro 2012 Natalya Platukhina. Girona
3 de xaneiro 2012 Antonia. 54 anos Berquedá - Barcelona
7 de xaneiro 2012 Carmen A. 80 anos Zafra - Badajoz
8 de xaneiro 2012 M. Rosa M. 42 anos Tarragona
13 de xaneiro 2012 A.R. Muller de 57 anos Mollet del Vallés - Barcelona
18 de xaneiro 2012 Estrella. 45 anos Alcaudete- Jaén
21 de xaneiro 2012 Muller de 33 anos Santa Coloma de Queralt-Tarragona
24 de xaneiro 2012 Manprit Kaur. 26 anos Olot- Girona
30 de xaneiro 2012 Muller de 52 anos Granollers- Barcelona
4 de febreiro 2012 Elisa. 49 anos Guadassuar - Valencia
27 de febreiro 2012 Rosa. 43 anos Pinto - Madrid
2 de marzo 2012 Julia L.D. 65 anos Vilardevós - Ourense
27 de marzo 2012 Caridad de los Ángeles. 39 anos Tolosa - Guipuzkoa
14 de abril 2012 Nicole. 28 anos Tuineje - Fuerteventura
15 de abril 2012 Ana Mª Fernández. 24 anos Estepa - Sevilla
16 de abril 2012 Rosario Gallego Rguez, de 55 anos Sevilla
24 de abril 2012 JUVENTINA S.C. tenía 74 anos Madrid
3 de maio 2012 CARMEN, de 25 anos Elche (Alicante)
11 de maio 2012 Karina, 38 anos Sant Antoni (Ibiza)
12 de maio 2012 M.J.G.L., de 48 anos Manzanares (Ciudad Real)
12 de maio 2012 Muller. 75 anos Estepona (Málaga)
4 de xuño 2012 Ioana, de 28 anos Alicante
8 de xuño 2012 PILAR, de 70 anos L´Hospitalet (Barcelona)
13 de xuño 2012 Muller, de 73 anos Marbella (Málaga)
13 de xuño 2012 Muller Cabrera d´ Anoia (Barcelona)
17 de xuño 2012 Muller cun fillo de 2 meses Salt (Girona)
19 de xuño 2012 M.S. de 40 anos Sant Vicent del Raspeig (Alicante)
20 de xuño 2012 Muller de 29 anos Reus (Tarragona)
23 de xuño 2012 Rosario de 64 anos Xixón
25 de xuño 2012 Iria de 28 anos Narón- A Coruñá
29 de xuño 2012 Muller de 56 anos Sta. María d Palautordera - Barcelona
28 de xuño 2012 Josefa R.F., de 63 anos, Sant Josep de Sa Talaia (Ibiza)
20 de xullo 2012 Mª de l Remedios Barreto, de 42 anos Tegueste (Tenerife)
22 de xullo 2012 Alicia Cortina, tenía 56 anos Valdemoro (Madrid)
24 de xullo 2012 Muller de 53 anos Valencia
17 de agosto 2012 Muller de Collado Villalba Collado Villalba (Madrid)
4 de setembro 2012 Carolina, de 38 anos Torrent (Valencia)
9 de setembro 2012 Eva E.C. de 33 anos Sant Feliu de Codines (Barcelona)
21 de setembro 2012 Natalia Catalina, de 29 anos Muel (Zaragoza)
2 de outubro 2012 M.V.V. de 29 anos Boñar (León)
11 de outubro 2012 Muller de Sant Carles Sant Carles de la Rápita (Tarragona)
11 de outubro 2012 Gisela Frefrau, de 66 anos Canyamel (Mallorca)
13 de outubro 2012 Sandra, de Úbeda Ubeda (Jaén)
15 de outubro 2012 Muller de 45 anos Torrevieja (Alicante)
17 de outubro 2012 Almudena, de 13 anos El Salobral (Albacete)
22 de outubro 2012 Muller de 51 anos Ricla – Zaragoza
5 de novembro 2012 Marisol, de 63 anos Narón- A Coruñá
7 de novembro 2012 Pamela R.D. de 25 anos Madrid
8 de novembro 2012 Yulme Josefina S.D.P. de 32 anos El Picazo - Cuenca
8 de novembro 2012 M.M.C.Y de 29 anos Guadalajara



A Directiva de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas”



















No hay comentarios: