Os contos de Palimoco Teatro e a música do Dúo Dilema, foron os "culpables" das risas e da alegría e gozo dos asistentes á 5ª edición do Magosto “Fraga das Saímas”: Toma Castañas!, e corresponsables do éxito desta celebración magosteira cuxa orixe se perde na noite dos tempos.
O CENTRO SOCIO-CULTURAL DE STO. ANDRÉ DE BOIMENTE ACOLLEU A UN CENTO DE SOCIAS E VECIÑOS QUE ACUDIRON PUNTUAIS Á SÚA CITA ANUAL CO MAGOSTO POPULAR “FRAGA DAS SAÍMAS”

A tarde-noite do sábado 17 de novembro o Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente acolleu a 5ª edición do Magosto Fraga das Saímas no medio dun perigoso temporal de auga, vento e néboa pero que non botou para atrás aos perto dun cento de socias, veciños da parroquia e convidados que asistiron puntuais a esta cita anual e xa case de obrigado cumprimento.
Esta celebración deu comezo ás 19.00 h. coa intervención da Secretaria, que aproveitou para disculpar a ausencia da mestra de cerimonias e presidenta da Asociación, Flor Chao, ao tempo que daba a benvida, nun salón ateigado de público, ás socias, veciños e convidados, agradecéndolles a súa presenza e a súa participación na festa magosteira e desexándolles a todos “que a longo noite de pedra que estamos a vivir nestes últimos tempos se convirta, aínda que sexa só por este día, nunha longa noite de festa e de troula.”
Logo da presentación, nenos e maiores foron levados da man de Palimoco Teatro nunha viaxe imaxinaria de contadores de contos ao obxecto de provocar entre o público un hábito lector, a través da animación e escenificación dalgún dos capítulos do libro Queres que Cho Conte?, e fomentando, ao mesmo tempo, a posta en valor dos rasgos propios da identidade cultural galega.
Esta actividade forma parte do proxecto "Veladas 2012 no Teatro Fraga das Saímas" que está a desenvolver este colectivo de mulleres, coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo".
Esta actividade forma parte do proxecto "Veladas 2012 no Teatro Fraga das Saímas" que está a desenvolver este colectivo de mulleres, coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo".
Rematada esta actividade teatral de animación e fomento da lectura a Directiva convidou ao perto do cento de asistentes a dar boa conta dun magosto popular a base de castañas asadas, chourizos e lacón. Todo isto acompañado cun viño da terra, refrescos, cafés e postre.
Este ritual popular e ancestral prolongouse ata pasadas a 00.30 h. da madrugada, onde os máis festexeiros bailaron ao son da música do Dúo Dilema que provocaron o entusiasmo e fixeron as delicias do público.