26.11.12

FESTIVAL DE NADAL "FRAGA DAS SAÍMAS" 2012

O COLECTIVO DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS" CELEBRARÁ O SÁBADO 22 DE DECEMBRO O  SEU  ANUAL FESTIVAL DE NADAL 2012.


A Directiva do colectivo de mulleres "Fraga das Saímas" está a organizar o seu anual Festival de Nadal 2012, que se celebrará este ano o sábado, 22 de novembro, día do sorteo da Lotaría de Nadal.

O Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente acollerá no seu salón de teatro "Fraga das Saímas" o seu 4º concerto de Nadal que correrá a cargo do grupo IRIMIA CANTAREIRAS. Concerto que forma parte do proxecto cultural "Veladas 2012 no Teatro Fraga das Saímas" que está a desenvolver a asociación de mulleres rurais "Fraga das Saímas, coa colaboración financeira da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Esta formación chairega, formada por catro voces femininas, naceu coa intención  de recuperar a música tradicional como parte do lecer, e tal como declaran as mesmas "como medio para relacionármonos co noso país e coa finalidade de visibilizar e reivindicar un grupo social que non tivo voz máis ca detrás da pandeireta: as mulleres. A través das súas coplas recibimos unha parte da historia, unha maneira de vivir e entender o mundo que poucas veces nos é contada. No plano musical adoitamos incorporar o carácter pouco ortodoxo de moitas destas cantadoras e noutros casoa abrir o abano de instrumentos incorporando novos arranxos melódicos inspirados, en maior ou menor medida, na natureza da recolla".

Logo do concerto de Nadal, o restaurante O´Val do Naseiro servirá unha cea de confraternidade veciñal, polo que debido a motivos de organización a Directiva de Mulleres COMUNICA a todas as súas socias e veciños da parroquia e demais convidados que as persoas interesadas deberán anotarse antes do día 15 de decembro. Aquelas que non o comunicaran no prazo sinalado NON poderán participar da cea de Nadal.

Durante os postres a Directiva procederá ao sorteo de varias cestas navideñas e unha vez concluído este sorteo, os asistentes poderán bailar ata a  madrugada ao son do ritmo da música do Dúo Aguamarina.

A Directiva Fraga das Saímas anima a todas as socias e veciños a participar nesta festa navideña. 

O espectáculo e a diversión poñémola nós.! Vós tan só tendes que acudir a esta Festa anual que pon fin as actividades do 2012 desenvoltas polo colectivo de mulleres Fraga das Saímas.

ESPERÁMOSVOS!






No hay comentarios: