4.9.12

Iº TALLER DE RISOTERAPIA "FRAGA DAS SAÍMAS"


A Directiva da AMMRR "Fraga das Saímas", coa colaboración económica da Área de Cultura da Deputación de Lugo, está a organizar para a fin de semana do 29 de Setembro o Iº TALLER DE RISOTERA "FRAGA DAS SAÍMAS".

As socias, amigas da asociación e veciños de Santo André de Boimente, interesadas en aprender a rirse sanamente e a vivir con alegría da man de PEDRO BRANDARIZ, gran actor cómico galego, director de actividades de tempo libre e psicopedagogo,  agora teñen unha oportunidade única para anotarse na 1ª edición do Taller de Risoterapia "Fraga das Saímas" que vai impartir o sábado 29 de setembro no Centro Socio Cultural da parroquia durante 3 horas.

Para matricularse tedes que chamar aos tfnos 669 250 948 ou 610 00 77 46 antes do 23 de setembro.

Non esperes máis e anótate antes de que se esgoten as prazas desta 1ª Edición!

No hay comentarios: