O COLECTIVO DE
MULLERES “FRAGA DAS SAÍMAS” VIAXOU ESTA FIN DE SEMANA AO CORAZÓN DE PORTUGAL
ACOMPAÑADO POR CINCOENTA E DÚAS SOCIAS AMIGOS E FAMILIARES.
Logo de saír de Santo André de Boimente o
sábado de madrugada o grupo de viaxeiros chegou a medio día ao seu hotel de
Aveiro para rexistrarse, acomodarse e repoñer forzas cun xantar nas mesmas
instalacións do hotel. Xa pola tarde achegáronse ata Coimbra para visitar a
cidade dos menhiños, o convento de Santa Clara e dar un paseo en barco polo río
Mondego, entre outras. Á noite e xa en Aveiro o grupo disfrutou dunha festa
nunha discoteca improvisada no propio hotel, onde brindaron con queimada. Os
máis festexeiros continuaron a celebración nos locais de moda situados na Praza
do Peixe e arredores do Canal San Roque e nos cafés-terraza do mercado da
Hortaliza.

As cincoenta e dúas persoas que acompañaron a
asociación de mulleres á veciña Portugal superaron en número as previsións
iniciais da Directiva que, ademais, valorou como moi positiva esta primeira experiencia
piloto e se mostrou totalmente satisfeita polo excepcional comportamento, a
alegría, o humor e a boa disposición de todas as súas socias así como a dos
familiares e a das amigas e amigos que os acompañaron.
Para concluír, dúas cousas:
Primeiro.- aquelas persoas que sacaron fotos durante a nosa visita a Coimbra e Aveiro se queren poden remitirnos fotos desta viaxe ao noso correo electrónico (fragadassaimas@gmail.com) ao obxecto de recollelas todas nun Cd para a montaxe dun vídeo sobre a viaxe ao corazón de Portugal.
Segundo.- recordar ás socias que a vindeira viaxe será o sábado 15 de setembro con motivo da visita, entre outras actividades, ás instalacións da Fundación Sotavento, onde nos ensinarán o funcionamento destes xigantes de vento.

No hay comentarios:
Publicar un comentario