O
PROGRAMA DE ACTIVIDADES SOCIO-FORMATIVAS 2011-2012 DESENVOLTO POLA
ASOCIACIÓN “FRAGA DAS SAÍMAS” CLAUSURA A SÚA QUINTA DICIÓN.
O colectivo de mulleres “Fraga das Saímas” ven de celebrar este
domingo, 17 de xuño, a clausura dos cursos 2011-2012 do seu Programa
de actividades Socio-Formativas.
Entre
os cursos novidosos realizados durante esta 5º edición do Programa
formativo “Fraga das Saímas” cabe destacar o Curso
de Baile de Salón, impartido durante
dous meses pola cervense Begoña Soto, e no cal se matricularon unha
veintena de alumnas/os. Asimesmo, esta edición volveu contar cun
taller de manualidades, cuxas catorce alumnas demostraron gran
capacidade de traballo e constancia ao lado da súa monitora
favorita, Pilar Alvarez e tamén contou cos cursos de animación
deportiva e taller de estimulación da memoria, que correron a cargo
estes dous últimos da xove profesional Lorena Díaz.
Según
a presidenta da entidade, Flor Chao, “o Programa Socio-Formativo do
colectivo “Fraga das Saímas” fomenta o desenvolvemento da
capacidade creativa e a estimulación das funcións cognitivas das
alumnas participantes, ao mesmo tempo que promove a participación
social e a extensión da actividade físico e deportiva como un
hábito de saúde, formación e divertimento”. Asimesmo,
a representante do colectivo apunta que
“Este Programa ven desenvolvéndose desde a súa posta en marcha no
Centro Socio-Cultural da parroquia de San Andrés, centro que foi
convertido pola Directiva de mulleres nun espazo para compartir tempo
de divertimento e intercambiar
experiencias e reflexións”
Durante
esta celebración membros da Directiva da asociación expresaron a
súa satisfación pola boa acollida que tiveron todos os cursos
desenvoltos na edición 2011-2012 e agradecéronlles ás alumnas de
todos eles a súa participación nos mesmos e a súa contribución ao
excepcional clima de concordia e complicidade que reinou durante a
celebración dos cursos, desexando que na vindeira temporada o número
de alumnas sexa aínda maior, e por iso anima as súas socias e
convida ás veciñas do concello de Viveiro a participar no Proxecto
Socio-Formativo “Fraga
das Saímas”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario