4.6.12

INFORMACIÓN SOBRE A VIAXE A NOSA VECIÑA PORTUGAL

AS SOCIAS DO COLECTIVO "FRAGA DAS SAÍMAS" E OS SEUS FAMILIARES VIAXARÁN A VINDEIRA SEMANA A PORTUGAL
 A Directiva da AMMRR "Fraga das Saímas" recorda a todas as persoas anotadas para a viaxe de Portugal e que se vai realizar a fin de semana do  9 e 10 de xuño de 2012, que o autobús de Autos MORÁN no que viaxaremos fará a 1ª parada en Abuín (San Andrés de Boimente) ás 6.00 horas da mañá e irá recollendo aos viaxeiros tamén nos seguintes puntos: Boimente, Chavín e Estación de Autobuses de Viveiro (ás 6.30 horas). Unha vez   que estean todas e todos os viaxeiros no autobús emprenderemos o camiño cara a Portugal.
IMPORTANTE: Recordámosvos que todo viaxeiro debe levar consigo o DNI e a Tarxeta sanitaria, así como aconsellamos que solicitedes un Certificado Provisional Sustitutorio ou a Taxeta Sanitaria Europea. Calquera destes dous documentos poden solicitarse no Centro de Atención e Información do INSS (Avda. Ramón Canosa, nº 7. Casa do Mar de Celeiro)
 A continuación deixámosvos aquí o itinerario (provisional) que faremos durante a visita a estas dúas maravillosas cidades.
Programa de visitas:
Sábado, 9 de xuño de 2012: Na cidade de Coimbra:  Paseo en barco polo río Mondego, visita ao Mirador, zona universitaria e Convento de Santa Clara. Logo destes recorridos e se queda tempo libre poderemos aproveitar para facer unha visita ás tendas, cafeterías, a cidade dos pequeniños ou outro barrio de interese para as viaxeiras.

Domingo, 10 de xuño de 2012: Na cidade de Aveiro visitaremos a Ría de Aveiro, o mercado da pesca e o convento de Xesús, participaremos nunha demostración publicitaria moi interesante e tamén dispoñeremos de tempo libre para facer o que máis nos guste a cada quen.

Rógase a todas e todos máxima puntualidade.

No hay comentarios: