4.6.12

Campaña de Sensibilización e Revalorización das Aldeas e do Medio Rural Galego


"Coa posta en marcha da  2ª Fase da Campaña de Sensibilización e Revalorización das Aldeas e do Medio Rural Galego todas aquelas mulleres dispostas a colaborar e a convertirse en embaixadoras deste proxecto de concienciación social e de futuro sostible poderán unirse a el e facerse  cunha bolsa ecolóxica deseñada polo noso colectivo" comenta a presidenta da Asociación “ Fraga das Saímas”.

A asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas”, ven de poñer en marcha a 2ª Fase da Campaña de Sensibilización e Revalorización das Aldeas e do Medio Rural Galego  coa distribución da súa propia bolsa ecolóxica multifuncional,  logo da súa presentación no marco da celebración da  4ª Festa do Medio Natural e o acto de entrega de premios do Concurso de ECOmetraxes-2012 (1ª Fase desta Campaña de Sensibilización).

Desde a presentación oficial, o pasado 28 de abril, da súa  bolsa ecolóxica multifuncional o Colectivo de  mulleres “Fraga das Saímas” distribuiu máis de oitenta bolsas serigrafiadas co lema da campaña de sensibilización:“Aldeas sustentables. As chaves para un futuro saudable e de calidade”.

A Directiva entende que, polas características da propia bolsa, as mulleres colaboradoras desta campaña teñen a ventaxa de poder utilizala non so para ir facer a compra, senón que tamén  poden empregala para ir ao ximnasio, piscina ou praia.

Esta campaña desenvolverase ata finais do mes de xullo, período durante o cal as mulleres interesadas en colaborar neste proxecto de sensibilización, reflexión e aposta pola implantación de proxectos produtivos que incidan na reactivación das aldeas do rural galego, poderán contactar coa Directiva da asociación “Fraga das Saímas” (669250948) para reservar unha destas bolsas ecolóxicas e contribuír con 1€ a costear o 38% do prezo de elaboración cada bolsa.

A Directiva informa tamén que as persoas interesadas en visionar a curta LABREGOOFERS, gañadora do 2º premio do concurso de ECOmetraxes “Fraga das Saímas-2012” (1ª Fase da Campaña de Sensibilización e Revalorización das Aldeas e do Medio Rural Galego desenvolta durante o 1º cuatrimestre do 2012) xa poden acceder á mesma na seguinte dirección  http://www.youtube.com/watch?v=IpoorWukw5w




No hay comentarios: