22.5.12

PUBLICACIÓN DO VÍDEO PREMIADO NO CONCURSO DE ECOmetraxes 2012

PUBLICACIÓN EN YOUTUBE DE LABREGOOFERS, VÍDEO GAÑADOR DO 2º PREMIO DO CONCURSO DE ECOMETRAXES "FRAGA DAS SAÍMAS-2012"
Foto enviada pola autora Marisa Otero co seu pai

A Directiva Fraga das Saímas ven de subir en Youtube a curtametraxe gañadora do 2º premio do concurso de ECOmetraxes -2012 organizado polo seu colectivo baixo o lema "ALDEAS SUSTENTABEIS. AS CHAVES PARA UN FUTURO SAUDABLE E DE CALIDADE".


Coa curtametraxe "Labregoofers" a súa autora, Marisa Otero López, consegue  transmitir ao público unha mensaxe positiva aportando alternativas de traballo, e polo tanto de futuro, postas en marcha polas nosas mulleres de rural ao mesmo tempo que pon en valor o traballo da muller  e contribúe a fomentar o orgullo de ser muller e labrega.



Para as socias e todas aquelas persoas que seguen con cariño os nosos pasos deixámosvos aquí (así como no apartado deste blog de "vídeos e lecturas recomendadas" o enlace onde poderedes ver ou descargarvos Labregoofers.

ECOmetraxe LABREGOOFERS

No hay comentarios: