10.4.12

4ª EDICIÓN DA FESTA DO MEDIO NATURAL E FAMILIA-2012

ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NA CELEBRACIÓN DA 4º EDICIÓN DA FESTA DO MEDIO NATURAL E FAMILIA-2012.

A/AT. SOCIAS E VECIÑOS DE SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE.


A Directiva da Asociación de mulleres rurais "Fraga das Saímas" comunica a todas as súas socias, amigas e veciños da parroquia que a 5ª edición da Festa do Medio Natural e Familia celebrarase o sábado 28 de abril de 2012 e recorda que para participar neste evento as socias e veciños interesados deberán poñerse en contacto con esta Directiva para anotarse. O prazo rematará o 22 de abril. Se queres pasar un sábado "diferente e entrañable" súmate ao colectivo da Fraga das Saímas e disfruta das boas amizades e porque non? dunha excelente música e unha extraordinaria comida!. Esperámoste o 28 de abril...e poida que con algunha sorpresa ¿? Quizais sí. Quizais non!

E non olvidedes que as socias e amigas do colectivo de mulleres Fraga das Saímas sodes unha peza clave do motor da nosa asociación! Vémonos!

No hay comentarios: