21.3.12

Inauguración Clases de Baile de Salón

O acto inaugural das clases de Baile foi aproveitado pola Directiva da asociación “Fraga das Saímas” para informarlle aos presentes sobre a viaxe a Portugal que está a organizar a asociación, así como para continuar a recopilación de fotografías das mulleres colaboradoras no Fotomural “miraNÓS”.

O CENTRO SOCIO-CULTURAL DE SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE ACOLLE DESDE O VENRES PASADO ÁS VINTECATRO ALUMNAS/OS DO “Iº CURSO DE BAILE DE SALÓN” ORGANIZADO POLO COLECTIVO DE MULLERES “FRAGA DAS SAÍMAS”

A Directiva do colectivo Fraga das Saímas ven de poñer en marcha, da man da profesora Soto, o Iº Curso de Baile de Salón.
O Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente acolle con grande éxito, desde o venres pasado, a máis de vinte alumnas/os inscritas nas clases de baile de salón. Unha actividade na que ademais de aprender a técnica dalgúns dos seus bailes favoritos tamén lles está a reportar beneficios físicos tales como a mellora do equilíbrio, da coordinación de movementos, a flexibilidade e a postura corporal, entre outros.


As clases de baile estanse impartindo pola profesora Begoña Soto todos os venres de 19.00 ás 20.30 horas e terán unha duración de dous meses (marzo e abril).

Durante este curso estanse a impartir bailes de salón e bailes latinos relacionados e ordenados desde o máis fácil ao máis difícil para facilitar a súa aprendizaxe. Así pois, as alumnas/os aprenderán a bailar merengue, salsa, pasodoble, cha cha, vals, pasos e estilo libre, entre outros.

Durante o acto inaugural das clases de Baile, a Directiva da Fraga das Saímas, aproveitou para informar da viaxe a Portugal que está a organizar a Asociación de cara á fin de semana do 9-10 de xuño. Asimesmo, a presidenta indicou que se poderían anotar para facer esta viaxe ás cidades de Coimbra e Aveiro as socias, en primeiro lugar, os veciños de Santo André, en segundo lugar, e por último calquera outra veciña/o do concello de Viveiro interesada. O custo total da fin de semana en Portugal ascende a 35 € para as socias e veciños de Santo André e para o resto 50 €. A Directiva trasladoulles a todos os presentes que as veciñas/os de Viveiro que teñan interese en facer esta viaxe coa asociación poderán optar a unha das 10 prazas vacantes chamando ao teléfono da presidenta (669 250948).

As membros da Directiva tamén aproveitaron o comezo destas clases de baile para continuar coa recopilación de fotografías das mulleres colaboradoras no Fotomural “miraNÓS”. Proxecto, no que a día de hoxe xa conta coa implicación dunhas 30 mulleres, e no que está a traballar, desde o 8 de marzo, o colectivo “Fraga das Saímas” con motivo da conmemoración dos actos do Día Internacional da Muller.



No hay comentarios: