25.4.12

OS PROTAGONISTAS DA FESTA DO MEDIO NATURAL E FAMILIA



“Fraga das Saímas” entregará o 2º premio do Concurso de Ecometraxes “Aldeas Sustentables. As Chaves para un futuro saudable e de calidade” a María Luisa Otero López pola súa curtametraxe “Labregofers” e presentará, durante a celebración da súa 4ª Festa do Medio Natural e Familia, aos bailaríns de TONBÉ e o seu proxecto artístico.


O CENTRO SOCIO-CULTURAL DE SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE ACOLLE O ECOMETRAXE “LABREGOFERS” E A PRESENTACIÓN OFICIAL DO ESPECTÁCULO DE BAILE DE TONBÉ NA IV FESTA DO MEDIO NATURAL E FAMILIA ORGANIZADA POLO COLECTIVO DE MULLERES “FRAGA DAS SAÍMAS”
 
A 4ª Festa do Medio Natural e Familia que van a celebrar as socias do colectivo “Fraga das Saímas” e os veciños de Santo André de Boimente, este sábado 28 de abril, no seu Centro Socio-cultural foi o escenario escollido por TONBÉ para facer a presentación oficial do seu espectáculo de baile.

A Directiva da Asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas”, que sempre está a apostar pola colaboración e cooperación coas mozas e mozos galegas, non quixo deixar pasar a oportunidade de dar a coñecer aos seus veciños e socias a nova parella artística mariñá formada polos bailaríns Begoña soto e José Antonio Monteiro.

Os ritmos da salsa cubana e a Kizomba (estilo musical que surxe na décadas dos 70 en Angola pola fusión da Semba e outros ritmos africanos) que soaran durante o espectáculo de baile de  TONBÉ farán disfrutar e olvidarse por un momento de todo ao público asistente a esta festa.

Durante a celebración desta Festa a Directiva do colectivo “Fraga das Saímas” tamén dará a coñecer a curtametraxe “Labregofers”, gañadora do 2º premio do Concurso de Ecometraxes-2012, co tema “Aldeas Sustentables. As chaves para un futuro saudable e de calidade”, que esta entidade viña de convocar no mes de marzo con motivo da celebración desta 4ª Edición da Festa do Medio Natural e Familia”. A autora deste vídeo é Maria Luisa Otero López de Santa Cruz de Rivadulla (Vedra). O Xurado Calificador acordou outorgar o 2º premio a esta curtametraxe polo grado de positividade da mensaxe que se traslada ao público e o grado de enfoque do traballo cara a posibles solucións. Asimesmo e por unanimidade o xurado acordou deixar desertos o 1º e 3º premio por non encaixar na temática e non alcanzar a calidade técnica mínima o resto das traballos presentados.