1.5.12

4ª EDICIÓN DA FESTA DO MEDIO NATURAL


Cremos que neste contexto de profunda crise económica, financieira e social o reto das Aldeas sustentables é unha utopía realizable, dixo a Presidenta da Asociación “Fraga das Saímas”, durante a presentación da Curtametraxe gañadora do 2º Premio do concurso ECOmetraxes-2012. “Aldeas Sustentables. As chaves para un futuro saudable e de calidade” no marco da celebración da 4ª Festa do Medio Natural.

AS PRESENTACIÓNS OFICIAIS: DA 2ª FASE DA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN E POSTA EN VALOR DO RURAL, DA CURTAMETRAXE “LABREGOFERS” E DE TONBÉ ACAPARARON A 1ª PARTE DOS ACTOS DA FESTA DO MEDIO NATURAL DO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS”, SORPREDENDO E ANIMANDO AO CENTENAR DE CONVIDADOS A ESTA 4º EDICIÓN.
  

O sábado 28 de abril o Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente acolleu a celebración da 4ª edición da Festa do Medio Natural organizada, coa colaboración económica da Área de Cultura da Deputación de Lugo , pola asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas. Marco que aproveitou a Directiva de mulleres desta parroquia viveirense  para presentar o vídeo (Labregoofers) gañador do 2º premio de ECOmetraxes-2012. “Aldeas Sustentables. As chaves para un futuro saudable e de calidade” e a 2ª Fase da campaña de sensibilización e posta en valor das nosas aldeas, así como tamén presentou a parella artística TonBé e a súa actuación de baile.

Os actos comezaron ás 13:30 h. coa proxección do vídeo gañador do 2º premio do concurso de ECOmetraxes-2012 e coa intervención da presidenta, Flor Chao, que aproveitou para dar a benvida aos presentes e disculpar a presencia de Marisa Otero López, gañadora da curta “Labregoofers” e veciña do Concello de Vedra, así como para transmitirlles ás socias de “Fraga das Saímas” a felicitación da Sra. Otero pola labor que estábamos a facer a prol da muller e a prol da defensa e posta en valor das nosas aldeas. Durante a súa intervención tamén aproveitou para presentar a 2ª fase da campaña de sensibilización e posta en valor do rural coa entrega ás socias e convidadas dunha bolsa ecolóxica multifuncional e de algodón orgánico serigrafiada tamén co lema “Aldeas sustentables. As chaves para un futuro saudable e de calidade”. “...estamos convencidas de que vaiades a onde vaiades con esta bolsa seredes unhas perfectas embaixadoras deste proxecto de concienciación social e de futuro sostible..” afirmou a presidenta.

Por outro lado ás 13.50 h. a xove parexa artística TonBé subía por primeira vez ao esceario do pequeno teatro “Fraga das Saímas” para facer as delicias dos asistentes, arrancando grandes aplausos dun público moi entregado.


Rematados os actos centrais da Festa do Medio Natural un centenar de invitados deron boa conta do xantar servido polo Restaurante “O Val do Naseiro” e disfrutaron dunha sesión de baile amenizado polo grupo “Dúo Suso” das Pontes, que foron os encargados de poñer a nota musical e cos que gozaron os máis festeiros ata pasadas as nove da noite.