4.3.12

CONCURSO DE ECOMETRAXES "FRAGA DAS SAÍMAS-2012"

"O RETO DAS ALDEAS SUSTENTABLES. UNHA UTOPÍA REALIZABLE"
Este ambicioso concurso vai dirixido a aquelas persoas afeccionadas á produción de vídeos que teñan unha especial sensibilidade e preocupación polo noso rural e que desexen captar a atención do abandono do rural galego, pero ao mesmo tempo que sexan capaces de transmitir unha mensaxe positiva sobre a alternativa de futuro das aldeas sustentables como un novo modelo de vida saudable e de calidade, explica a Presidenta do colectivo de mulleres de Santo André de Boimente.

CONVÓCASE O CONCURSO DE ECOMETRAXES "FRAGA DAS SAÍMAS"- 2012 DIRIXIDO AOS VIDEOAFICIONADOS E PROFESIONAIS DAS CURTAMETRAXES AMANTES DO NOSO RURAL E RESPETUOSOS CO MEDIO NATURAL

No marco da celebración anual da súa especial “Festa do Medio Natural e Familia” o colectivo de mulleres de Santo André de Boimente ven de convocar o Concurso de Ecometraxes “Fraga das Saímas-2012” co tema: “ALDEAS SUSTENTABLES. AS CHAVES PARA UN FUTURO SAUDABLE E DE CALIDADE".


O obxectivo deste concurso é promover a implicación da cidadanía e administracións a través dunha campaña de sensibilización e respecto polo noso patrimonio natural ao mesmo tempo de invitar á reflexión sobre o estado de abandono do noso rural e reclamar a necesidade de reactivar as nosas aldeas e revitalizar o noso rural, apoiando a posta en marcha de proxectos produtivos que incidan no desenvolvemento socio-económico destes espazos naturais sen olvidar a búsqueda do equilibrio entre o crecemento da riqueza económica e a preservación da súa riqueza ambiental, cultural e social.

A entidade organizadora deste concurso deixa total liberdade para que cada participante nos transmita co seu traballo as súas reflexións sobre a situal actual do rural da Mariña e das aldeas como as que conforman a parroquia de Santo André de Boimente. A montaxe dos vídeos deben dar unha visión positiva das alternativas de futuro do noso rural, utilizando posibles solucións para desenvolver o emprego de calidade no medio rural e activar o regreso a hábitats naturais tales como as nosas aldeas, coa posta en marcha de proxectos baseados en potenciais recursos enerxéticos locais (biomasa, aire, sol...), negocios vinculados co ecoturismo, explotación de cultivos ecolóxicos, centros de envasado de produtos de horta, entre outros.

Poderán participar neste concurso todas as persoas maiores de 16 anos de calquera nacionalidade  que residan nalgunha das provincias de Galicia ou do estado español e que presenten traballos non premiados noutros concursos


As persoas que desexen participar neste concurso poderá descargar as bases da seguinte dirección http://mulleresruraisfragadassaimas.blogspot.com (no apartado de “documentos”) ou solicitalas no correo electrónico fragadassaimas@gmail.com

Este concurso está dotado con 3 premios en metálico de 200, 100 e 50 euros respectivamente.

O prazo para presentar os vídeos rematará o 20 de abril de 2012, ás 20.00 horas

No hay comentarios: