A programación formativa que acolle o Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente contribúe a manter e mellorar a saúde física e a saúde emocional das alumnas do colectivo ”Fraga das Saímas.”
CLASES DE BAILE DE SALÓN ENTRE AS ACTIVIDADES FORMATIVAS OFERTADAS POLO COLECTIVO DE MULLERES “FRAGA DAS SAÍMAS” PARA O 1º SEMESTRE DO 2012
A Directiva da AMMRR “Fraga das Saímas” ven de abrir o prazo para inscribirse nas diferentes actividades formativas programadas por este colectivo para o primeiro semestre do 2012.
Entre as novidades formativas que está a ofertar estes días o colectivo “Fraga das Saímas” destaca un Curso de Baile de Salón. Este curso, que ten previsto comezar no mes de marzo, será impartido por unha profesional mariñá os venres á tarde no Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente, durante dous meses. O grupo de bailaríns estará formado por un mínimo de dezaseis persoas (homes e/ou mulles). O custo aproximado do curso ao mes ascende a 5 € por alumna/o.
Outras das actividades socio-formativas que se acaban de pór en marcha no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente son:
- Curso de Xerontoximnasia. Día: os martes. Horas: de 19.00 a 20.00 horas
- Taller de manualidades: Día: os xoves. Horas: de 16.00 a 19.00 horas
- Taller de estimulación da memoria para adultos: Día: os xoves. Horas: de 19.00 a 20.00 horas
A Directiva deste colectivo de mulleres considera que estes cursos contribúen a mellorar as relacións persoais, fortalecen a confianza e a autoestima, así como tamén cren que reportarán ás alumnas beneficios físicos tales como, mantemento e mellora da memoria, o fortalecemento dos ósos e dos músculos, a mellora do equilibrio, da coordinación de movementos e da postura corporal, axudan a aumentar a resistencia e a flexibilidade e prevén a aparición de enfermedades coma a diabetes e as depresións, entre outras.
As persoas que desexen participar nos cursos de Baile de Salón ou Xerontoximnasia están en prazo para poder solicitar unha das prazas e inscribirse chamando ao teléfono 669250948.
No hay comentarios:
Publicar un comentario