25.11.11

GRITA CON NÓS: BASTA XA!



MANIFESTO DO 25 DE NOVEMBRO: 
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia machista o noso colectivo quere sumarse a todas aquelas institucións, asociacións e plataformas que están a traballar a prol dos dereitos das mulleres, na defensa e reivindicación contra os malos tratos de milleiros de mulleres que están a sufrir día a día degradacións e vexacións que en demasiadas ocasións acaban segando a vida destas compañeiras.


Queremos trasladarlles a nosa forza e todo o noso alento ás familias que a violencia machista segou a vida das súas fillas, das súas nais, das súas irmás...das súas heroínas no silencio.

Reivindicamos e esiximos de todos os grupos políticos e administracións públicas maior implicación e a adopción de medidas reais e contundentes para erradicar esta vergoñenta lacra social e animamos a todas as cidadás e cidadáns a educar en igualdade e actuar con valentía, denunciando calquera tipo de maltrato para ROMPER CO CÍRCULO DA MORTE.

Queremos contribuír a preservar a memoria das vítimas da violencia machista recordando en voz alta a todas e cada unha das 58 mulleres asasinadas no ano 2011 no estado español:

DATA NOME PROVINCIA
12 xaneiro Ana María (49 anos) Segovia
13 xaneiro W.L. (de 29 anos) Granada
17 xaneiro Carmen (54 anos) Madrid
26 xaneiro Jennifer (37 anos) Murcia
28 xaneiro Compañeira asesinada en Calviá Mallorca
28 xaneiro Compañeira asesinada en Fuerteventura Canarias
30 xaneiro Ramona (44 anos) Jaén
30 xaneiro J.M.M de 43 anos Ciudad Real
3 febreiro C.C.T de 46 anos Almería
11 febreiroCompañeira asesinada en Barcelona Barcelona
15 febreiro Compañeira asesinada en Málaga Málaga
18 febreiro Compañeira  de Girona asesinada en Alemania Girona
23 febreiro Compañeira de 32 asesinada en Valencia Valencia
23 febreiro Compañeira asesinada en Reus – Tarragona Tarragona
7 marzo Compañeira asesinada en Fuente el Saz del Jarama Madrid
21 marzo N.C.C de 62 anos Granada
22 marzo Compañeira de 44 anos asesinada en Torredelcampo Jaén
4 de abril Yanela Navarra
5 abril Rapaza de 20 anos (embarazada) Madrid
12 abril Compañeira asesinada en Mutxamel Alicante
24 abril Compañeira asesinada en Santa Coloma de Gramanet Barcelona
30 abril Carmen Barcelona
6 maio Cándida (71 anos) Girona
8 maio A.E.N (30 anos) Almería
8 maio Marisol Consuelo (40 anos) Madrid
14 maio Compañeira asesinada en Noia Coruña
15 maio Compañeira de 29 anos asesinada en Córdoba Córdoba
15 maio Rosa María (39 anos) Barcelona
30 maio Compañeira asesinada en Fines Almería
´1 xuño Inés (64 anos) Asturias
1 xuño Miren asesinada en Móstoles Madrid
1 xuño Teresa (82 anos) Valencia
11 xuño Compañeira asesinada en La Ametlla de Mar Tarragona
13 xuño Compañeira asesinada en Sant Andreu Barcelona
16 xuño Compañeira de 31 anos asesinada en Durango Bizkaia
3 xullo Rosario Guipuzkoa
3 xullo Compañeira asesinada en Zaragoza Zaragoza
4 xullo Compañeira asesinada en Barcelona Barcelona
16 xullo Julia (30 anos) Valencia
19 xullo Mónica (19 anos) Granada
3 agosto Fructuosa (70 anos) Madrid
6 agosto Giovanna (38 anos) Madrid
22 agosto Deisy asesinada en Bilbao Bizkaia
25 agosto Caridad (75 anos) Murcia
29 agosto Compañeira de 49 anos asesinada en Burgos Burgos
18 agosto L.M.G (40 anos) Sevilla
18 agosto Clementina Tenerife
18 agosto Ester (47 anos) Castellón
22 agosto Compañeira asesinada en Puzol Valencia
27 agosto Compañeira de 41 anos asesinada en Vicar Almería
27 agosto F.L. (71 anos) Cádiz
9 outubro Compañeira de 78 anos asesinada en Calpe Alicante
11 outubro Compañeira de 39 anos asesinada en Vigo Coruña
12 outubro Mara (37 anos) Canarias
14 outubro Compañeira de 29 anos asesinada en Avilés Asturias
17 outubro Compañeira de 38 anos asesinada en Girona Girona
24 outubro Nuria Orol (24 anos) Mallorca
2 novembro Tatiana (29 anos) Zaragoza

No hay comentarios: