AS MULLERES DO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS RECORDAN ÁS CINCOENTA E OITO COMPAÑEIRAS ASASINADAS NO ANO 2011 EN ESPAÑA, VÍTIMAS DA VIOLENCIA MACHISTA.
Na tarde do xoves, 24 de novembro, socias do colectivo “Fraga das Saímas”, con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia machista, recordaron nun acto conmemorativo ás 58 mulleres asasinadas no estado español no ano 2011, da man dos seus compañeiros e verdugos.
Ao rematar a lectura do manifesto e co obxecto de contribuír a preservar a memoria das mulleres asasinadas as presentes neste acto recordaron en voz alta, unha a unha ás 58 compañeiras asasinadas no estado español no ano 2011 como consecuencia da violencia machista, mentras acendían velas e as colocaban sobre un lazo violeta.
O manifesto do 25 N, xunto coa listaxe dos nomes das 58 compañeiras asasinadas, foi colocado na porta principal do Centro Socio-Cultural co fin de permacer exposto ao público durante unha semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario