14.11.11

O MAGOSTO ORGANIZADO POLO COLECTIVO "FRAGA DAS SAÍMAS": O PRINCIPAL PROTAGONISTA DESTA FIN DE SEMANA EN SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE

As actuacións de “ Caxoto Contacontos” e do Dúo musical “Aguamarina” amenizaron a 4ª edición do Magosto “Fraga das Saímas”: Toma Castañas!


O MAGOSTO “FRAGA DAS SAÍMAS” REÚNE NA SÚA CUARTA EDICIÓN A UN CENTO DE PERSOAS NO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE.

A tarde-noite deste sábado 12 de novembro o Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente acolleu a 4ª edición do Magosto: Toma Castañas! organizada polo colectivo de mulleres “Fraga das Saímas”, superando todas as previsións das organizadoras.

Esta celebración deu comezo ás 18.30 coa intervención da Presidenta, Flor Chao, que aproveitou para dar a benvida, nun salón ateigado de público, ás socias, veciños e convidados, agradecéndolles a súa presenza e a súa participación, xunto á asociación Fraga das Saímas, no “..homenaxe á filla do castiñeiro e disfrutar dunha das festas máis antigas e populares celebradas polos nosos ancestros desde tempos inmemoriables...”


Durante a benvida, Flor Chao recordou que, aínda que a castaña xa non era a base da alimentación da poboación, nin nos menús da alta cociña nin nas mesas máis humildes se olvidaran da Señora castaña. E como mostra diso, a Directiva quixo facer unha pequena selección de exquisitas receitas de cociña elaboradas a base de castañas que segundo palabras da presidenta eran para “..agasallar a todas as namoradas e namorados da cociña que estean interesadas en descubrir as múltiples posibilidades culinarias deste produto milenario...”

Logo da presentación da máxima representante da entidade organizadora, nenos e maiores fixeron unha viaxe imaxinaria da man do contador de historias Caxoto Contacontos que os arrastrou ao longo de máis dunha hora de actuación a un mundo de misterios, sustos e risas.

Rematada esta actuación, onde o público recibiu algún que outro “susto” e sufriron algún que outro ataque de risa, a Directiva repartiu máis de cincoenta libretos de receitas de castañas e convidou ao centenar de asistentes a dar boa conta dun magosto popular a base de castañas asadas, chourizos e lacón. Todo isto regado cun viño da terra, refrescos,café e postre.




Este ritual popular prolongouse ata pasadas a 1.00 h. da madrugada, onde os máis festeiros puideron bailar ao ritmo do dúo viveirense Aguamarina, cuxos compoñentes fixeron as delicias de todo o público.




E para concluír dicir que a Directiva “Fraga das Saímas” está moi satisfeita pola gran acollida que tivo esta edición do Magosto e empraza a todos os seus veciños e as súas socias de San Andrés, Chavín, San Pedro, Landrove, Xunqueira, Covas, Vieiro e Viveiro para o Sábado, 17 de decembro a partir das 18.30 h. Día que terá lugar a celebración do Festival de Nadal “Fraga das Saímas-2011




No hay comentarios: