29.11.11

FESTIVAL DE NADAL "FRAGA DAS SAÍMAS"-2011

A DIRECTIVA INFORMA AS SÚAS SOCIAS

A directiva do colectivo Fraga das Saímas pon en coñecemento de todas as súas socias e amigas...e seguidores forofos,  a celebración do Festival de Nadal "Fraga das Saímas" 2011 no marco do cal terá lugar, entre outros, o CONCERTO DE NADAL "FRAGA DAS SAÍMAS-2011" a cargo do excepcional grupo viveirense CÁNERE SON e rematará a noite cun baile amenizado coa música de Hortensio o "Home Orquestra".

Con este Festival a Directiva da Fraga das Saímas (2008-2011) pon fin ao programa de actuacións 2011 e a súa labor desenvolta durante os últimos catro anos.

Esperamos que este ciclo no que as cinco membros da xunta directiva (Flor, Gloria, Xuxa, Adelina e Natalia)  estivemos fronte ao colectivo de mulleres "Fraga das Saímas" servira para contribuír a facer un "pouquiño" máis agradable a vida das nosas socias, amigas e veciños de San Andrés de Boimente.

Desexamos poder ver a todas as nosas socias incondicionais e tamén, como non, ás máis remolonas o vindeiro Sábado 17 de decembro para poder darvos as grazas persoalmente por apoiarnos e facilitarnos a nosa tarefa como Directiva da asociación. 

CON POUCO PODEMOS FACER MOITO PERO UNIDAS PODEMOS FACELO TODO!
ÚNETE A ESTA FESTA ÚNICA E ACUDE AO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE SANTO ANDRÉ  DE BOIMENTE O SÁBADO 17 A PARTIR DAS 18.30H. 

1 comentario:

Lolita de Carlota dijo...

Bo Nadal a todos e todas. Sentimos moito non poder estar ahí con vosoutras pero esperamos que noutras ocasións sí poidamos estar.

Lolita de Carlota