21.12.11

IV EDICIÓN DO FESTIVAL DE NADAL "FRAGA DAS SAÍMAS-2011"

O CONCERTO DE NADAL “FRAGA DAS SAÍMAS” A CARGO DO GRUPO  MARIÑANO “CÁNERE SON” PUXO O BROCHE DE OURO ÁS ACTIVIDADES DESENVOLTAS NO ANO 2011 POLO COLECTIVO DE MULLERES DE SAN ANDRÉS.

 O sábado 17 de decembro a Asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” puxo como broche de ouro á súa programación anual-2011 e ao traballo da actual directiva ao longo dos último 4 anos, a celebración do seu IV Festival de Nadal-2011.

Esta 4ª edición do Festival de Nadal-2011, que deu comezo ás 18:30 horas no Centro Socio-Cultural, tivo como acto principal a celebración do 3º Concerto de Nadal “Fraga das Saímas” a cargo do grupo mariñano Cánere Son, cuxos integrantes cinco voces con ampla experirencia en corales e a música de virtuoso guitarrista  Felipe Sánchez fixeron as delicias do público, que abarrotou o salón de actos.

Os integrantes de Cánere Son interpretaron  temas latinoamericanos de comezos do século XX, como: o son, a guajira, boleros, e salsa cubana, entre outros. Un concerto de nadal que destacou  principalmente por unha interpretación cálida e cargada de sentimento e paixón e que o público asistente agradeceu con numerosas mostras de entusiasmo e aplausos no transcurso deste concerto,  “..único e especial en homenaxe a todas as nosas socias e veciños que apoiaron incondicionalmente esta asociación e que participaron con entusiasmo e ilusión en todos os proxectos e actividades desenvoltas polo colectivo Fraga das Saímas desde o seu nacemento, aló polo mes de febreiro do ano 2007..”, según palabras da propia presidenta, Flor Chao, durante o discurso de Benvida.

Logo de concluído este excepcional concerto, as máis de cen persoas que decidiron compartir e festexar o peche e o comezo dun aninovo coa Asociación de MMRR puideron degustar unha cea de confraternidade que comezou pasadas as 20.00 h. e na cal se ofreceu un catering servido polo Mesón O Imperial.

Durante a cea a Presidenta da Asociación “Fraga das Saímas”, Flor Chao, aproveitou para felicitar as festas de Nadal e expresar os mellores desexos para o 2011 a todas as súas socias e á comunidade veciñal. Durante a súa intervención tamén expresou a especial satisfacción  e orgullo da súa directiva por todas as mulleres que se  foron integrando na asociación “Fraga das Saímas”, nos últimos anos. Socias que xa forman parte da historia desta entidade e desta parroquia. Socias que sem elas o éxito deste colectivo non houbera sido posible. Socias que, en definitiva, son o corazón que manteñen viva esta asociación, concluíu a Presidenta.
 
Cos postres tamén chegou a música do acordeón e gaita do Home Orquestra (Hortensio) que arrancou numerosas ovacións do público e logrou que os comensales cantaran ao son da súa música. Logo desta primeira actuación de Hortensio,  a directiva procedeu a efectuar o sorteo de tres espléndidas cestas navideñas e cinco cestiñas con outras tantas sorpresas. A sorte foi parar a mans de Lola, Mª Carmen, Eva, Adelina, Tonecho, Beatriz, Mónica e Olga. Tampouco este ano se quedaron sen agasallos as nenas e nenos que acudiron a esta festa navideña.

As portas do Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente pecháronse pasadas as 2.00 h. da madrugada. Momento ata o cal as socias, familiares e convidados máis animosos bailaron e cantaron coa música de Hortensio, O Home Orquestra.

No hay comentarios: