6.9.11

UNHA HOMENAXE AOS VECIÑOS DE SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE

Queridas socias, veciños de Santo André de Boimente e todas as nosas seguidoras e seguidores,

A Directiva da asociación  mulleres Rurais Fraga das Saímas

SAÚDAVOS

e ten o pracer de convidarvos á presentación do libro-catálogo "O ESPELLO DAS LEMBRANZAS"  editado pola nosa asociación.
Como ben sabedes este libro forma parte dun proxecto posto en marcha pola nosa asociación no ano 2010 ao obxecto de preservar e poñer en valor o patrimonio máis prezado da nosa parroquia: a historia das veciñas e veciños de Santo André de Boimente.

A presentación oficial terá lugar o sábado 1 de outubro de 2011 ás 18:00 horas no Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente.



A continuación as persoas asistentes poderán gozar coa actuación musical dos fundadores dos grupos musicais Fuxan os Ventos e Quenlla (Mini e Mero). Logo deste concerto ofrecerase un viño galego acompañado duns pinchos.


As socias e veciños que desexen asistir a este acto único e irrepetible deberán confirmar a súa asistencia en calquera dos teléfonos: 669250948 (Flor) ou 610007746 (Gloria) ANTES DO 25 DE SETEMBRO.

Contamos coa vosa presenza!

No hay comentarios: