27.9.11

OFERTA PÚBLICA DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS "FRAGA DAS SAÍMAS-2011/2012"

AS ACTIVIDADES SOCIO-FORMATIVAS OFERTADAS POLO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS” PARA A TEMPADA 2011-2012 BUSCAN POTENCIAR OS HÁBITOS É APTITUDES SAUDABLES ENTRE AS PERSOAS MAIORES.

 A Directiva da AMMRR “Fraga das Saímas” acaba de abrir o prazo para inscribirse nas diferentes actividades formativas programadas por este colectivo para a tempada 2011-2012 (outubro-xuño)

Entre as actividades formativas que se están a por en marcha pola Directiva da Fraga das Saímas a partires do mes de outubro e que se desenvolverán no Centro socio-cultural de San Andrés de Boimente cabe destacar os seguintes cursos:

- Curso de Xerontoximnasia.- Entre os obxectivos principais que pretende lograr a Directa coa organización deste curso están, entre outros, potenciar hábitos e actitudes saudables do mundo da ximnasia na terceira idade é conseguir unha actitude positiva entre as súas sócias e veciños para ver as cousas dun xeito máis optimista ante os problemas e limitacións asociadas á terceira idade, e ao mesmo tempo intentar mellorar a forma física daquelas sócias e veciños que presentan algún tipo de deterioro físico ou problemas locomotores.
 Para alcanzar estes obxectivos a responsable do curso utilizará técnicas como a ximnasia inicial, a ximnasia ao aire libre, paseos e piscina.


- Obradoiro de entrenamento da memoria para maiores.- Con este taller o colectivo de mulleres Fraga das Saímas, intenta incidir no mantemento e na mellora da memoria daquelas persoas que sofren unha perda progresiva da memoria e consecuentemente unha falta de autonomía persoal e inseguridade na súa vida cotiá.
O curso impartirase todos os martes de 19.00 ás 20.00 h. pola Técnica Lorena Díaz e comezará o vindeiro 4 de outubro.

Tamén comezará a primeira semana do mes de outubro o Taller de Manualidades que será impartido pola monitora Pilar Álvarez todos os xoves en horario de 16:00 a 19:00 horas. Neste taller as socias inscritas poderán aprender e perfeccionar as diferentes técnicas de pintura (acuarela, esmalte e óleo), restauración, bordado, calceta, ganchillo e encaixe de bolillos, entre outros.

Por outra banda, a Directiva lamenta comunicar ás persoas interesadas nos cursos de internet que continuamos sen poder impartilos posto que logo de ano e medio sen conexión á Rede de Telecentros (abril 2009) seguimos a espera que o Concello de Viveiro conecte o Centro Socio-Cultural parroquial, vía wifi/wimax, a internet e ao resto de Telecentros.

As persoas que estean interesadas nalgún destes cursos e desexen compartir coas mulleres do colectivo “Fraga das Saímas” un espazo de ocio e un tempo para elas poderán inscribirse chamando ao teléfono 669250948.

No hay comentarios: