8.8.11

VISITA Á RESIDENCIA DE MAIORES (GERIATROS-VIVEIRO)

Unha vintena de mulleres do colectivo “Fraga das Saímas” comparten o primeiro fin de semana de agosto cos Maiores da Residencia Geriatros-Viveiro con motivo da clausura da Exposición fotográfica “Fraga das Saímas, Monumento Natural”.


A Directiva da entidade “Fraga das Saímas” acompañadas por vintecinco socias e familiares desprazáronse o sábado 6 de agosto ata a Residencia de Maiores Geriatros-Viveiro para participar no acto de clausura da exposición fotográfica “Fraga das Saímas, Monumento Natural”, que permaneceu neste Centro residencial, á iniciativa do colectivo de mulleres de Santo André de Boimente, desde o pasado mes de xullo.

O colectivo de mulleres da asociación “Fraga das Saímas foi recibido, pasadas as 4 da tarde, pola animadora socio-cultural Virginia Mariño, que aproveitou para darlles a benvida en nome da Dirección de Geriatros e convidalas a coñecer as instalacións da Residencia viveirense, mentras lles explicaba as características do Centro e o seu funcionamento (servizos dos que dispón, persoal contratado, actividades que se están a desenvolver, etc...).

Durante o acto de clausura da exposición fotográfica as membros colectivo de mulleres “Fraga das Saímas” e os seus acompañantes tiveron ocasión de compartir xogos de mesa, conversa e merenda cos residentes de Geriatros-Viveiro.

A visita da comitiva da asociación “Fraga das Saímas” e a clausura da súa exposición fotográfica rematou pasadas as 19.30 horas, momento en que a Directiva aproveitou para agradecerlle ao persoal do Centro residencial a boa acollida ao colectivo da entidade e á súa iniciativa fotográfica. Antes de despedirse a Asociación de mulleres comprometeuse a seguir colaborando co persoal da Residencia viveirense en futuros proxectos socio-culturais.

No hay comentarios: