O Candaoso foi un ano máis o lugar escollido polas mulleres da Asociación “Fraga das Saímas” para celebrar o Día da Socia-2011 e gozar coa beleza das súas paraxe naturais.
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA 3ª EDICIÓN DA SARDIÑADA DO CANDAOSO ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN “FRAGA DAS SAÍMAS” CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA SOCIA-2011.
A Directiva da Asociación Fraga das Saímas ven de organizar esta última fin de semana de xullo a 3ª edición da Sardiñada do Candaoso con motivo da celebración do Día da Socia-2011.
As socias da Asociación Fraga das Saímas elixiron un ano máis a explanada do curro do Candaoso (sito nos montes do Buio e moi próxima á Fraga das Saímas) como o lugar máis idóneo para disfrutar dunha xornada de convivencia cos seus familiares e convidados. Os asistentes aproveitaron para pasear por estas paraxes naturais e gozar das vistas máis sorprendentes coas que os montes do Buio ten acostumados a todo aquel que decide achegarse ata el un día soleado como a tarde do sábado 30.
Durante esta xornada de convivencia os asistentes, amantes do baile, tamén tiveron a ocasión para practicar o seu hobby favorito ao ritmo da música do viveirense César O´Píndaro. Pasadas as 19.30 h. da tarde os convidados comezaron a retirarse, sendo despedidos pola Directiva da asociación “Fraga das Saímas” que aproveitou para agradecerlles a súa participación na xornada festiva e emplazou a todos para o Día da Socia-2012.
No hay comentarios:
Publicar un comentario