A Exposición Fotográfica “Fraga das Saímas, Monumento Natural”: un proxecto socio-educativo e Medioambiental que a Directiva da AMMRR Fraga das Saímas puxo tamén a disposición do colectivo de maiores da Residencia Geriatros de Viveiro para o seu disfrute ata mediados do mes de agosto.
A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "FRAGA DAS SAÍMAS, MONUMENTO NATURAL" TRASLÁDASE Á RESIDENCIA GERIATROS DE VIVEIRO DURANTE UN MES.
A pasada semana membros da Directiva da AMMRR "Fraga das Saímas" trasladaron a Exposición fotográfica: Fraga das Saímas, Monumento Natural á Residencia de maiores xestionada por Geriatros, sita a pé da praia de Covas.
Esta exposición itinerante comezou a súa andaina o 30 de abril deste ano, no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente, lugar onde foi inaugurada e no cal estivo durante un mes e medio. A colaboración e a boa vontade do persoal do Centro Comarcal da Mariña Occidental fixo posible que se trasladara á súa sá de exposicións e que fora visitada por máis de 200 persoas en apenas durante 15 días.
Coa montaxe da exposición fotográfica “Fraga das Saímas, Monumento Natural, na Residencia de Geriatros, a Directiva do colectivo de mulleres da parroquia de Santo André de Boimente quixo, coa súa proposta contribuír e participar na integración, do colectivo de maiores residentes neste Centro, na comunidade veciñal viveirense, así como de xeito paralelo divulgar e fomentar o Patrimonio Natural da súa parroquia.
A boa acollida desta iniciativa por parte da Dirección de Geriatros-Viveiro fai posible que todas as persoas residentes no seu Centro teñan a oportunidade de “visitar a Fraga das Saímas” a través das fotografías que compoñen esta exposición na que se reflicte a beleza salvaxe desta contorna natural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario